XERAIS

13abr19:30O profesor Xesús Alonso Montero e a súa obraactividades para o coco | de balde19:30(GMT+02:00) EMAO

Detalles do eventos

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO) converterase o vindiro luns 13 de abril no escenario dunha homenaxe a Xesús Alonso Montero, recentemente falecido. Persoeiros do mundo da cultura, institucional, amigos e
familia lembrarán a pegada que Alonso Montero deixou na defensa do galego e tamén na vida de centos de persoas.
E na memoria de moitas delas segue presente este referente da cultura en Galicia o que se lle quere render esta homenaxe, promovida por César Cunqueiro e otros amigos e amigas, coa colaboración do Ateneo Atlántico, asociación da que foi socio de honra Xesús Alonso Montero, presente en numerosas das actividades organizadas por esta asociación nos últimos anos.
Aberto o público contará coa presenza de representantes do mundo académico e literario galegos como son Xina Vega, Patricia Arias, Estro Montaña, José Gómez Alén e o propio César Cunqueiro, que lembrarán a figura de Xesús Alonso Montero a través de anécdotas e momentos vividos xunto a él, así como a relevancia da súa vida e obra, unha ampla producción científica que abarca os ámbitos da socioligüística, a historia, teoría e crítica literarias, así como
a literatura contemporánea.
Xesús Alonso Montero deixa unha pegada imborrable na cultura galega, sendo autor dunha extensa obra ensaística e figura clave en institucións como a Real Academia Galega, da que foi presidente, e o Consello da Cultura Galega.
A súa voz, sempre comprometida coa xustiza social e a identidade cultural, seguirá inspirando ás futuras xeracións.

A organización convida a cidadanía a participar, o próximo luns 13 de abril, ás 19.30 horas, neste acto de lembranza e recoñecemento a quen dedicou a súa vida á defensa da cultura e da lingua de Galicia.

Hora

13 abril, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events