VIALIA
bannerPicnicSesions

O Porto de Vigo: 140 anos sendo líder da pesca mundial

15set19:30O Porto de Vigo: 140 anos sendo líder da pesca mundialACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Peirao do Náutico

Detalles do eventos

O vindeiro xoves 15 de setembro ás 19.30 horas, no Auditorio do 1º andar do Edificio de Sesións do Porto de Vigo (Espigón de Cableiros do peirao de Trasatlánticos do porto de Vigo) procederemos a levar a cabo a conferencia “O Porto de Vigo: 140 anos sendo líder da pesca mundial”, a cargo D. Jesús Vázquez Almuiña (Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo).

O papel do Porto de Vigo foi clave, ao longo dos anos, no desenvolvemento do sector pesqueiro. Desde a antiga Xunta de Obras do Porto e Ría de Vigo, creada hai 140 anos, ata a actual Autoridade Portuaria, fomentouse e apoiado o crecemento de empresas vinculadas á pesca, tanto fresca como conxelada, destacando os inicios nos anos 60 do século pasado onde deu comezo o nacemento da frota conxeladora da man de empresas que hoxe traballan a nivel mundial en diversos caladoiros. Tratarase o tema dun posible proxecto estratéxico da cultura do mar e do seu futuro, desde o corazón deste litoral rico e complexo, o porto de Vigo, que pode fixarse a ambición de converterse no gran porto atlántico e que, máis aló da etiqueta, articule a súa estratexia para servir ao desenvolvemento económico e social costeiro, xa que Vigo é un porto fiable para a importación e exportación, fundamentalmente de produtos do mar, maquinaria, metais, manufacturas e outros. Razóns que esixen unha maior valoración do patrimonio e da nosa cultura mariña cara ao mundo.

Máis

Hora

(Xoves) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events