O PORCO DE PÉ
21abr20:00O PORCO DE PÉESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello
Detalles do eventos
Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o
Detalles do eventos
Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril no Auditorio Municipal de Concello.
Máis información sobre todos os espectáculos de Vigocultura 2023 aquí e no folleto online.
Entradas a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería Libros para soñar. Poden adquirirse en packs de 5 ou 10 espectáculos con desconto.
O PORCO DE PÉ, Producións Teatráis Excéntricas
Venres 21 e sábado 22, 20:00h
Teatro comedia. Galego.
Autoría: Quico Cadaval & Pepe Sendón (versión
libre da novela de Vicente Risco)
Dirección: Quico Cadaval
Escenografía e vestiario: Carlos Alonso
Deseño de son e música: Piti Sanz
Deseño de iluminación: Octavio Mas
Intérpretes: Patricia Vázquez, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.
Porco, o animal totémico dos cocidos e dos entroidos, toma os teatros para demostrar a súa superioridade sobre os seres humanos. Teatro de barracón, aquel que, na infancia, nos fascinaba e nos asustaba a partes iguais. Un farol mortizo, un chan de serraduras, unha cortina vermella e, de súpeto, aparece o porco en elegante pose de equilibrista a sosterse sobre os pés, a finxirse un ser humano con tanta graza, que resulta imposible distinguilo.
Vai para cen anos, Vicente Risco detectou unha nutrida presenza porcina vestida con elegantes abrigos e chapeus a confundirse cos propios burgueses. Descubriu que estaban entre NÓS! A divertidísima sátira do ourensán, a medio camiño entre o circo, o barracón, os fantoches e o cabaré, ten hoxe máis vixencia ca nunca.
Máis
Hora
(Venres) 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes