Este é un evento repetitivo12 agosto, 2026 14:18
Detalles do eventos
O Concello de Vigo continúa avanzando o cartel de verán no Auditorio de Castrelos ao confirmar que The Corrs actuarán o martes 11 de agosto dentro do ciclo
Detalles do eventos
O Concello de Vigo continúa avanzando o cartel de verán no Auditorio de Castrelos ao confirmar que The Corrs actuarán o martes 11 de agosto dentro do ciclo de concertos de Vigo en Festas 2026. Esta confirmación supón a segunda gran aposta internacional da programación, despois do anuncio do puertorriqueño Chayanne para o 30 de xullo, e únese ás actuacións de Viva Suecia (14 de agosto) e Iván Ferreiro (15 de agosto) nun cartel que promete emoción, diversidade estilística e celebracións multitudinarias no pulmón verde da cidade.
Formada na década dos 90 en Dundalk (Irlanda), The Corrs é unha banda familiar composta polos irmáns Andrea, Sharon, Caroline e Jim Corr coñecidose pola súa singular mestura de pop‑rock contemporáneo con raíces da música tradicional celta. Desde o seu álbum de debut Forgiven, Not Forgotten (1995), a banda vendeu máis de 40 millóns de discos en todo o mundo, acadou éxito internacional nas listas e converteuse nun referente do pop celta con clásicos como ‘Breathless’, ‘Runaway ou What Can I Do?’.
Aínda que o grupo fixo unha pausa no seu percorrido para centrarse nas súas vidas persoais, regresou áen 2015 e desde entón continúa enchendo auditorios e festivais por Europa e América con actuacións que celebran tanto os seus grandes éxitos como a súa persistente capacidade de combinar enerxía pop, harmonías e evocacións folk.
- 2 de xullo – Deep Purple
- 24 de xullo – A Ópera Carmen
- 30 de xullo – Chayanne.
- 11 de agosto – The Corrs.
- 14 de agosto – Viva Suecia.
- 15 de agosto – Iván Ferreiro.
Hora
11 agosto, 2026 14:18 - 14:18(GMT+02:00)
Hoxe móvese
abril


