
Detalles do eventos
Antonio García Teijeiro conta con máis de oitenta libros publicados, en galego e en castelán, fundamentalmente de literatura infantil e xuvenil, son tamén numerosos os recoñecementos e galardóns literarios
'O poder da fraxilidade' de Antonio García Teijeiro
Antonio García Teijeiro conta con máis de oitenta libros publicados, en galego e en castelán, fundamentalmente de literatura infantil e xuvenil, son tamén numerosos os recoñecementos e galardóns literarios que posúe.
Esta semana estará no Corte Inglés para firmar o seu libro ‘O poder da fraxilidade’ o 19 de abril ás 19.30 h.
SOBRE O LIBRO:
«Da súa proposta dedúcense preguntas cuxas respostas están na nosa mirada aleuta. Hai táboa de salvación na escuridade, nas tebras? É o amor unha porta aberta á esperanza? Despois do camiño percorrido na única vida que nos toca vivir, queda algo daqueles soños da nenez, da mocidade, dos primeiros anos da adultez? É o noso paso pola vida o voo dun paxaro que ás veces volve ao niño e outras emigra e non sabemos máis del?».
Son reflexións de An Alfaya no limiar do libro, que remata contundente: «Cando un entra no mar poético de O poder da fraxilidade ninguén sae indemne».
Máis

(Mércores) 19:30
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra