Detalles do eventos
O vindeiro 19 de decembro ás 17:50 h, a Casa da Cultura de Vigo acollerá a gravación en directo dun episodio especial do podcast Lo que Vigo esconde,
Detalles do eventos
O vindeiro 19 de decembro ás 17:50 h, a Casa da Cultura de Vigo acollerá a gravación en directo dun episodio especial do podcast Lo que Vigo esconde, titulado “O VIGO ROMANO”.
O programa, que supera os 100.000 oíntes mensuais, dedicará esta entrega a afondar nos orixes romanos da cidade e nas festas das Saturnais, coincidindo coas datas nas que os romanos celebraban estas tradicións invernais.
Presentado por Érika Vera e o seu historiador de referencia Bruno Álvarez, o episodio contará con convidados destacados. O arqueólogo Manuel Santos Estévez, autor de Burbida. As orixes de Vigo, defenderá a súa tese sobre o nacemento da cidade no Castro de Vigo, “cuxo nome romano era Búrbida”, e o seu posterior traslado á costa, onde pasou a chamarse Turonio.
O especialista Fernando Lillo Redonet explicará o significado das Saturnais, festas nas que “se invertía a orde social” e nas que se intercambiaban agasallos e se permitían xogos de azar entre o 17 e o 23 de decembro.
O evento incluirá tamén demostracións en vivo sobre o equipamento e as tácticas dun lexionario romano, ofrecidas por Ricardo Soto Caride, presidente do Club Falcata, exclusivamente para o público asistente á gravación.
A actividade é gratuíta pero con aforo limitado, polo que é preciso inscribirse previamente a través deste formulario: https://forms.gle/Bsy5uuPhBKRqk6nR6
Hora
19 decembro, 2025 17:50(GMT+01:00)
Localización
Casa Galega da Cultura
Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra



