>
15maiTodo o día30Concurso de tapas O PetisquiñoGASTRO | 4,00 €(Todo o día)(GMT+02:00) Vigo
Detalles do eventos
A cidade prepárase para unha das súas citas gastronómicas máis importantes, o concurso de tapas Petisquiño, que nesta ocasión presenta unha novidade destacada: o seu traslado á primavera.
Detalles do eventos
A cidade prepárase para unha das súas citas gastronómicas máis importantes, o concurso de tapas Petisquiño, que nesta ocasión presenta unha novidade destacada: o seu traslado á primavera. O evento, que habitualmente se celebraba no outono, terá lugar entre o 15 e o 30 de maio, co obxectivo de dinamizar a actividade económica e gastronómica antes da tempada de verán.
Nesta edición participan un total de 19 establecementos vigueses que presentarán 22 tapas diferentes. Os locais participantes son: As Cunchas, As Lolas, Ática 21 Vigo, Baruta Burger and Kitchen, Bendito Nopal, Chemin de Fer, Costera MX, Konvini, La Revoltosa, La Villa Bouzas, NH Collections Vigo, O croque Cociña, Rooftop, Hotel Maroa, Sierra Madre Taquería, Sota, Trepia Gastronomía, Vacaloura, e Valdevez e Voltarei Restaurante. A calidade das propostas foi cualificada como “excepcional” polas autoridades durante a presentación.
Os participantes poderán elixir a mellor tapa entre as 18 salgadas e as 4 doces en competición. As tapas puntuaranse nunha primeira fase por votación popular e por un xurado profesional que visitará os locais de incógnito. Os oito establecementos mellor valorados pasarán á final na que o 9 de xuño deberán elaborarán en directo as súas creacións ante un xurado que decidirá a Mellor Tapa 2026. Ademais, outorgaranse varios recoñecementos: catro mencións a finalistas, a tapa máis popular, a mellor maridaxe, mellor tapa elaborada con produtos do mar, a tapa máis larpeira e a tapa máis riquiña.O concurso culminará o vindeiro 9 de xuño coa celebración da gran final no Hotel Ática. Alí, os cociñeiros amosarán o seu talento en directo nun evento no que o xurado decidirá ao gañador.
Hora
15 maio, 2026 - 30 maio, 2026 (Todo o día)(GMT+02:00)
Localización
Vigo
36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño


