REVISTA FEBREIRO

O Petisquiño

10nov(nov 10)13:0026(nov 26)23:00O PetisquiñoGASTRO | Desde 2,50€13:00 - 23:00 (26)(GMT+01:00)

Detalles do eventos

Avecíñanse tres fins de semana cheas de sabor e gastronomía local. A Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra (FEPROHOS) organiza un ano máis o concurso de tapas O PetisquiñoEste venres 10 de novembro abre o prazo para que todas as persoas interesadas se acheguen aos locais participantes a probar o seu petisco. O último día para catar estas creacións é o domingo 26.

Este ano o número de participantes aumentou a 37, aínda que desde a organización recoñecen que queren volver aos 60 da primeira edición. O prezo de cada petisco varía entre os 2,5€ e os 5€. Para coñecer máis información de cada petisco (fotografía, valor nutricional, ingredientes, alérxenos…) e saber o horario de cada local, os organizadores habilitaron unha app con este fin. Desde aí tamén se poderá votar pola nosa tapa favorita, e a máis votada alzarase co premio do petisco máis popular.

Os outros tres premios son o da Mellor Tapa (patrocinado por Estrella Galicia), cuxo gañador representará a Vigo no concurso galego de tapas e participará na final estatal de hostalería. Despois a Mellor Tapa maridada con Ponte da Boga, patrocinada por esta marca de viño; e, por úlitmo, unha das novidad: Mellor tapa maridada cun cóctel, galardón patrocinada por Royal Bliss. Debido á boa acollida da proposta o pasado ano, nesta edición repiten unha final na que xuntar aos dez finalistas. Será o mércores 29 (espazo por confirmar) e alí os chefs deberán crear en directo os seus petiscos.

Máis

Hora

10 novembro, 2023 13:00 - 26 novembro, 2023 23:00(GMT+01:00)