FAITE AMOVIDALOVER

Este é un evento repetitivo

12mar17:00Visita especial as mulleres de CastrelosACTIVIDADES PARA O COCO | De balde17:00(GMT+01:00) Xardíns do Pazo de Castrelos

Detalles do eventos

As visitas desenvolveranse no marco da programación do Día Internacional da Muller, que se conmemora o 8 de marzo, co obxectivo de poñer en valor a presenza, o traballo e a influencia das mulleres vinculadas a Castrelos de maneira que se ofrece unha lectura máis inclusiva e completa da historia de Vigo. Así, as persoas visitantes poderán achegarse a Joaquina Montenegro, que deu nome á Finca da Marquesa, ou a Mariana Whyte, esposa do último marqués de Mos e Valladares; e tamén a Antonia Bañuelos, que chegou ao Pazo no século XX, como segunda muller do Marqués de Alcedo, e quen foi unha das primeiras pintoras profesionais españolas.

As visitas gratuítas celebraranse tódolos mércores (para asociacións e organizacións) do mes de marzo, en horario de tarde, entre as 17 e as 18:30 horas; os xoves (público xeral) ás 10:00; 11:30, 17:0 e 18:30 h; e o domingo 8 ás 10:00 e ás 12:00 h. En grupos de ata 30 persoas.
As reservas poden facerse a través do correo electrónico museoseduca@vigo.org ou no teléfono 615258531.

En marzo de 2025 fixemos unha reportaxe sobre esta temática na nosa revista en papel. Podes lelo de novo aquí.

Hora

12 marzo, 2026 17:00(GMT+01:00)

Localización

Xardíns do Pazo de Castrelos

Camiño Corredoura, 41, 36213 Vigo, Pontevedra

Other Events