REVISTA FEBREIRO

Visitas guiadas ao Pazo da Raposeira

07feb18:22Visitas guiadas ao Pazo da RaposeiraACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:22(GMT+01:00) Pazo da Raposeira

Detalles do eventos

Despois dunha reforma de dous anos o pazo da Raposeira ábrese a cidadanía. O Concello vén de anunciar visitas guiadas que se desenvolverán de febreiro a abril coa intención de que a cidadanía coñeza este espazo, cedido á cidade de Vigo pola última herdeira do inmoble.

O pazo da Raposeira, ubicado en Sárdoma, é unha casa señorial construída entre os séculos XVII e XVIII. Ordenado construir por Antonio López, rexedor perpetuo de Vigo, que xunto a Isabel de Araújo fundaría o vínculo de A Raposeira, o inmoble é unha importante casa de granito galego dividida en varios pisos e unha finca de case 5.000 metros cadrados. A construcción do pazo rematouse case un século despois. De feito, a torre e a capela, dous dos elementos máis destacados, datan de 1712.

Polo seu valor histórico e patrimonial leváronse a cabo diferentes obras de restauración, co fin de que este espazo se empregue para usos socio culturais.

As visitas, que son gratuítas, poden concertarse a través do teléfono de información municipal 010. Comenzan o venres 7 de febreiro, coa previsión de que se prolonguen ata o mes de abril. A duración da visita será de corenta minutos en grupos de vinte ou vintecinco persoas nos seguintes horarios:

Martes: Dúas quendas de mañá (ás 11:00 h e ás 12:00 h) e dúas quendas pola tarde (ás 17:00 h e ás 18,00 h).

Venres e sábados pola tarde en dúas quendas: ás 17:00 h e ás 18:00 h.

– Domingos: dúas quendas de mañá (ás 11:00 h e ás 12:00 h) e dúas de tarde (ás 17:00 h e ás 18,00 h.)

Máis

Hora

7 febreiro, 2025 18:22(GMT+01:00)

Localización

Pazo da Raposeira

Camiño da Raposeira, 3, Sárdoma, 36214 Vigo, Pontevedra

Other Events