O OBXECTO ARTÍSTICO (DENDE A ESCULTURA) – A Movida

marzo, 2019

20mar17:30O OBXECTO ARTÍSTICO (DENDE A ESCULTURA)CHARLA | De balde17:30 Museo Liste

Máis

Detalles do evento

Dentro do programa “Xornadas para a comunicación”, Da. Yolanda Herranz Pascual, artista e profesora da Facultade de BBAA, convídanos á reflexión sobre “O OBXECTO ARTÍSTICO (DENDE A ESCULTURA). A poética do cotiá”.

Observando o panorama artístico internacional das pasadas décadas é obvio o
crecente interese polo mundo da obxectualidade. Cada obxecto está cargado de evocacións e ligado a un lugar; a súa descontextualización e enfrontamento xeran un cambio, un descoñecemento do recoñecible, unha flutuación da memoria entre o vivido e o observado. Este é o espazo de incerteza que propón o obxecto cotiá cando se encarna en material artístico tratando de provocar a alteración da nosa percepción. No obxecto poético a negación das utilidades prácticas suscita novas funcións mentais, de visión, percepción e reflexión xeradoras de coñecemento.

Hora

(Mércores) 17:30

Lugar

Museo Liste

Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra

X