VIALIA
bannerPicnicSesions

O noso planeta

14set01xanO noso planetaARTE E MUSEOS | De balde(setembro 14) 17:30 - (xaneiro 1) 21:00(GMT+02:00) Sede Afundación

Detalles do eventos

De luns a sábado en horario de 17.30 a 21.00 h.

Exposición reaberta con todas as medidas de seguridade pertinentes para que poidas volver gozar da arte e a cultura como o fixeches sempre.

En colaboración coa plataforma audiovisual Netflix, a Sede Afundación de Vigo acolle a exposición «O noso planeta», baseada na serie homónima da plataforma e coa participación de David Attenborough. Este traballo fotográfico tenta concienciar sobre a problemática á que se enfronta o planeta pola acción do ser humano: plásticos, encoros, quecemento global, contaminación, etc. Mergullámonos na beleza natural do planeta Terra para reflexionar sobre o impacto da nosa actividade, así como sobre a necesidade inminente de incorporar a sustentabilidade á nosa forma de vida. Unha exposición con imaxes sorprendentes, elementos audiovisuais e interactivos, realidade virtual e unha mensaxe imprescindible.

Como complemento á mostra, desenvolveremos un amplo programa de actividades para todas as idades que podes consultar a continuación.

As visitas comentadas e os módulos de realidade virtual están fóra de servizo temporalmente seguindo as recomendacións sanitarias e comunitarias por mor do Coronavirus (COVID-19). Tamén se cancelaron as actividades de cinema e cociña.

A MOSTRA

Trátase dunha primicia mundial que arrinca na Coruña. O documental Our planet é o produto máis visto da plataforma Netflix, por enriba de calquera serie ou película. E esta é a primeira vez que se aborda ese contido en formato exposición. A mostra ve a luz grazas á colaboración entre Afundación e GeoPlaneta, que seleccionaron as imaxes da exposición, os textos e o deseño xeral da mostra.

«Esta é a exposición máis importante que verás este ano, calquera ano, porque contén o problema máis importante ao que se enfronta a humanidade». David Atthenborough na publicación Our planet.

O ano 2020 é o 75 aniversario da ONU. Na Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático en Cancún, no 2010, estableceuse que no 2020 se mobilizarían 100.000 millóns de dólares para protexer os bosques tropicais, así coma o desenvolvemento de enerxías verdes. Tamén entrará en vigor o Acordo de París, que establece a redución de gases de efecto invernadoiro. Celebraranse, ademais, os primeiros Xogos Olímpicos Verdes en Tokio. Estes acontecementos e moitos outros xustifican o longo percorrido deste proxecto expositivo, audiovisual e editorial.

Coordinadores do proxecto (textos do libro, documentais, película e expo):

Alastair Fothergill galardoado produtor das series da BBC sobre vida salvaxe Life in the FreezerPlanet EarthFrozen PlanetThe Blue Planet e The Hunt. Tamén dirixiu catro films para Disney e é autor de catro libros.

Ao longo do case trinta anos nos que traballou para a BBC Natural History Unit, Alastair Fothergill produciu, entre outras, as emblemáticas series Planeta AzulPlaneta Tierra e El planeta helado. Desde o 2006 tamén traballou para Disney, dirixindo seis películas sobre fauna para o selo Disneynature. No 2012 creou Silverback Films xunto a Keith Scholey, coa que produciron as series La Caza para a BBC e Nuestro planeta para Netflix, a primeira serie documental de natureza orixinal de Netflix. Membro da Royal Geographic Society e galardoado coa medalla de ouro da mesma, Fothergill tamén foi recoñecido cos doutoramentos honoríficos das universidades de Durham, Hull, York St. John e Bristol. Actualmente vive en Bristol coa súa esposa, dous fillos e dous cans Jack Russell Terrier.

Keith Scholey é doutor en Zooloxía pola Bristol University e é cofundador de Silverback Films xunto con Alastair Fothergill. Ten unha longa experiencia en series documentais coa BBC, Disney, Discovery e outros.

Criado en África Oriental, Keith Scholey estudou Zooloxía na Universidade de Bristol, obtendo un grao de ciencias e un doutoramento. En 1982 incorporouse á BBC Natural History Unit como documentalista da serie de David Attenborough El planeta viviente. Posteriormente converteuse en produtor, e despois en produtor de series, con títulos no seu haber como Prisoners of the SunWildlife on One, e os Wildlife Specials; e creando e producindo Big Cat Diary. En 1998 pasou a ser xefe da BBC Natural History Unit e, por conseguinte, controller de todas a BBC Factual Productions. Na actualidade é director adxunto de Silverback Films, con sede en Bristol, coa cal dirixiu e produciu tres documentais de animais para Disney —Grandes felinos africanosBears e Dolphin Reef—, ademais de ser responsable das series de Discovery Channel tituladas North America e Deadly Islands, e da serie documental orixinal de Netflix Our planet.

A mostra presenta un total de 45 fotografías, organizadas en diferentes apartados, segundo os distintos ecosistemas. Cada imaxe acompáñase dun texto que estuda os aspectos biolóxicos, ecolóxicos, de sustentabilidade, alertas ambientais ou curiosidades da natureza.

Velaquí as malas noticias. A Terra é o noso planeta e os humanos estamos a perder o control, aniquilando a fauna e destruíndo os seus sistemas de soporte vital. Pero tamén as hai boas, porque se recoñecemos o perigo que corremos, teremos a oportunidade de redimirnos, de empezar unha gran restauración da natureza. Estamos a tempo!

Necesitamos madurar, estar orgullosos do noso fogar. Facer unha lista de reformas e poñernos ao choio. Esta exposición é un chamamento á acción para empezar a cambiar o panorama desde hoxe mesmo, unha fermosa e, á vez, reveladora viaxe polos distintos reinos biolóxicos.

Seguindo os pasos da serie Our planet, de Netflix, a exposición percorre desde as minguantes selvas tropicais ata a sobreexplotación mar a fóra, ilustrando a destrución sen precedentes da natureza a mans do ser humano, mais dirixindo todas as esperanzas cara á súa incrible capacidade para recuperarse.

Máis

Hora

Setembro 14 (Luns) 17:30 - Xaneiro 1 (Venres) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events