O noso cambio climático: os mares – A Movida

novembro, 2018

15nov19:30O noso cambio climático: os maresCONFERENCIA | De balde19:30 Edificio Cambón

Máis

Detalles do evento

Continúa o ciclo de conferencias organizadas polo Ateneo Atlántico co fin de divulgar os efectos do cambio climático e os retos ambientais que definen a nova era coñecida como Antropoceno. Esta segunda xornada celebrarase de novo na sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas (Edificio Cambón, Rúa da Palma, 4) o xoves 15 Novembro, ás 19:30h. Agrupadas baixo o título “Os Mares”, tres científicos galegos aportarán datos sobre os cambios que están a sufrir os mares, centrándose especialmente nas augas que rodean a Galicia, e as consecuencias da súa acidificación e da elevación da temperatura da auga.

As ponencias de esta segunda xornada serán:

– Algunhas evidencias do cambio climático no mar de Galicia
por Xosé Antón Álvarez Salgado, Profesor Investigación Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC)

– Sistemas de observación costeros. Integración de objetivos, parámetros e instrumentación
por Enrique Nogueira, Investigador do Instituto Oceanográfico (IEO)

– Impacto de la acidificación oceánica en Galicia
por Marcos Fontela, Investigador postdoctoral del Instituto de Investigaciones Mariñas (CSIC) de Vigo

Hora

(Xoves) 19:30

Lugar

Edificio Cambón

Rúa Palma, 4, 36202 Vigo, Pontevedra

X