Detalles do eventos
A XX edición do NigránJazz celébrase xoves 16 ao sábado 18 de xullo no Esteiro da Foz de Ramallosa con tres xornadas de concertos gratuítos.
Detalles do eventos
A XX edición do NigránJazz celébrase xoves 16 ao sábado 18 de xullo no Esteiro da Foz de Ramallosa con tres xornadas de concertos gratuítos. O evento inclúe neste 20 aniversario unha sesión de cine o luns 13 de xullo co filme Mo´better blues e unha sesión previa de música o mércores no Malabar Pénjamo con Toño Otero Quartet.
O festival Nigranjazz fai 20 anos estendéndose a tres días seguidos de concertos no esteiro da Foz nos que refulxe con especial intensidade a vocalista norteamericana Gretchen Parlato, quen o abrirá o xoves 16 de xullo ás 21:30 horas. O programa complétao o venres 17 a banda de Ámsterdam Eclipse e o sábado 18 Abe Rábade trío con John O’Gallagher ao saxo (este último ofrecerá unha master-class ao mediodía no Auditorio Municipal).
Atendedo a celebración desta edición tan especial, o festival inclúe a proxección do filme dirixido por Spike Lee Mo’better blues o o luns 13 no Cine Municipal da Ramallosa ás 21:00 horas (inicialmente programado para o martes 14, pero adiantado ao luns para non coincidir co mundial)e unha sesión previa de música o mércores 15 no Malabar Pénjamo (Patos) con Toño Otero Quartet.
“Traer a Gretchen Parlato é un vello soño que se fará realidad nesta edición tan simbólica. Gozarán dela os jazzistas máis esixentes e tamén os neófitos, e mesmo aqueles que din que non lles gusta o jazz”, destaca o director, Felipe Villar, impulsor do Nigranjazz desde a orixe xunto a Quin Alborés. Parlato (California, 1976) é a cantante máis destacada da súa xeración, nominada a tres premios Grammy en 2015, 2022 e 2024 á mellor vocalista de jazz e presente en 85 álbumes, 4 deles como líder. Esta será a súa segunda cita en España despois de debutar o día anterior no prestixioso Festival de Jazz de Vitoria.
Fiel a súa filosofía, o Nigranjazz seguirá apostando polos músicos novos, nesta edición persoalizados en Eclipse o venres, un proxecto que nace en Ámsterdam e que está formado por estudantes de jazz diferentes procedencias, incluído o contrabaixista galego Álvaro Orcajo. O peche do festival corre a cargo do pianista galego por excelencia en formato trío, Abe Rábade, un dos maiores expoñentes internacionais do jazz feito en Galicia (o concerto vén patrocinado polo ciclo Artistas en Roteiro Jazz da AIE). Ao termo de cada un dos tres concertos comezarán as habituais jam-session, conducidas por tres cuartetos con salientables e prometedores músicos de jazz galegos; Rosolino Marinello Quintet, Fooz e The Jazz Avengers.

Hora
16 xullo, 2026 21:30 - 18 xullo, 2026 23:59(GMT+02:00)
Localización
Esteiro da Foz
36393 Baiona, Pontevedra


