>

30xul19:30O naturalista Pedro Alonso aborda a relación entre cambio climático e os incendiosACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Galería RíoLagares

Detalles do eventos

Río Lagares acollerá o vindeiro xoves 30 de xullo, ás 19:30h, unha charla baixo o título ‘Cambio Climático e Megaincendios: Propostas’, impartida polo biólogo e naturalista Pedro Alonso Iglesias.

Durante o encontro analizaranse os factores que favorecen os grandes incendios forestais nun contexto de cambio climático, así como diferentes propostas de prevención baseadas na ordenación do territorio, a xestión das masas forestais e a recuperación de usos tradicionais do monte. A actividade pretende ofrecer unha visión divulgativa sobre un fenómeno cada vez máis frecuente e abrir un espazo de reflexión e debate entre as persoas asistentes.

Hora

30 xullo, 2026 19:30(GMT+02:00)

Localización

Galería RíoLagares

67PC+2F Vigo

Other Events