Detalles do eventos
O Nadal Bus deste ano estreará un novo vinilado temático que engalanará o vehículo con motivos festivos, e contará cunha iluminación reforzada con máis de 2.000 luces led
Detalles do eventos
O Nadal Bus deste ano estreará un novo vinilado temático que engalanará o vehículo con motivos festivos, e contará cunha iluminación reforzada con máis de 2.000 luces led tanto no propio autobús como no tótem informativo que se instala cada día na parada da Farola.
Os pasaxeiros poderán contemplar outras zonas este ano, como a rúa de Urzáiz e o entorno do Centro Comercial Vialia Estación de Vigo coa proposta “Vialia on Ice”.
O Nadal Bus realizará un percorrido circular de aproximadamente 40 minutos, con saída e chegada en Urzáiz – Príncipe (A Farola).
Percorrido: Urzáiz – Príncipe (A Farola), Urzáiz, Gran Vía, Praza de España, Praza de América (volta á praza), Camelias, Venezuela, Gran Vía, Urzáiz, República Argentina, García Barbón, Colón, Urzáiz – Príncipe (A Farola), Urzáiz/Vialia e Choróns.
ENTRADAS AQUÍ. Os prezos son:
- Titulares da PassVigo: 5 € (compra anticipada e acreditación obrigatoria)
- Público xeral: 9 €
- Nenos/as ata 3 anos: viaxe gratuíta sen ocupar asento.
Do 16 de novembro ao 18 de decembro:
– Domingos, luns, martes, mércores e xoves: 18:30 horas.
– Venres, sábados e véspera de festivos: 18:30, 19:30 e 20:30 horas.
Do 19 de decembro ao 4 de xaneiro:
– Domingos, luns, martes, mércores e xoves: 18:30 e 19:30 horas.
– Venres, sábados e véspera de festivos: 18:30, 19:30 e 20:30 horas.
Hora
16 novembro, 2025 18:30 - 4 decembro, 2025 20:30(GMT+01:00)



