CAMELIAS NADAL

Este é un evento repetitivo

21nov10:3020:30O Nadal chega a Camelias cun Outlet Solidario moi especialFESTIVAIS E FEIRAS | De balde10:30 - 20:30(GMT+01:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

O espírito do Nadal adiántase este ano ao Centro Comercial Camelias, que acollerá un Outlet Nadal solidario organizado en colaboración con Cáritas Diocesana de Tui-Vigo os vindeiros venres 21 e sábado 22 de novembro, de 10:30 a 20:30 horas.

Durante dous días, a planta alta de Camelias transformarase nun auténtico mercado do Nadal cheo de encanto, cunha ampla selección de artigos para encher os fogares de maxia: figuras, árbores, bólas, guirnaldas, enxoval, velas e luces.

Unha oportunidade perfecta para quen desexe renovar a súa decoración e, ao mesmo tempo, contribuír a unha causa solidaria. Ademais, moitos dos comercios do centro xa contarán con promocións pre–Black Friday, para que as persoas visitantes poidan aproveitar a súa visita e descubrir as vantaxes do comercio local e de proximidade.

O evento ten un dobre obxectivo social: recadar fondos para o programa Convivindo de acompañamento a maiores e destinar fondos á cobertura de necesidades básicas, cun foco especial na crise da vivenda.

1. Programa Convivindo (Loita contra a soidade non desexada)

O programa CONVIVINDO ten como obxectivo construír comunidade e combater a soidade non desexada das persoas maiores. A través de actividades compartidas, visitas de acompañamento e dinámicas participativas, xéranse lazos que enriquecen e ofrecen apoio físico, emocional e comunitario, asegurando que ningunha persoa maior se sinta soa ou á marxe da súa comunidade.

2. Necesidades básicas e crise da vivenda

Os fondos destinaranse ás accións de Atención Primaria de Cáritas, que atenden as necesidades máis urxentes para estabilizar a vida das familias, como o pagamento de recibos de subministracións (evitando cortes de luz) e as axudas ao alugueiro que prevén o desafiuzamento.

Hora

21 novembro, 2025 10:30 - 20:30(GMT+01:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events