CAMELIAS NADAL

15nov20:00O músico vigués Pablo Lesuit presenta o seu novo disco no Auditorio MunicipalCONCERTOS | 10,00 €20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Tras varios adianto que foron marcando o rumbo do seu novo viaxe musical, Pablo Lesuit publicou o pasado venres 17 de outubro o seu novo álbum Camino de las Rocas. Este sábado 15 ás 20:00 h preséntao xunto á súa banda no Auditorio Municipal de Vigo, dentro da programación de Vigocultura.

O disco, que contou con colaboracións destacadas de Paulo Novaes, Sir Hope e Adrie, supón unha reafirmación do universo artístico de Lesuit: un son que evoca o rock e a psicodelia dos anos 70 e que celebra a autenticidade, a vulnerabilidade e a busca dun camiño propio nun mundo cheo de imposicións.

O lanzamento do álbum chega tras o sold out en La Casa Encendida (Madrid), onde Pablo Lesuit ofreceu un concerto íntimo e vibrante que anticipou a enerxía da súa nova etapa. Vigo será o arranque da xira, que ata final de ano percorrerá outras cidades galegas:

  • 15/11 – Vigo, Auditorio Municipal
  • 27/11 – A Coruña, Sala Mardi Gras
  • 28/11 – Santiago de Compostela, Riquela Club
  • 05/12 – A Rúa (Ourense), C.C. Avenida
  • 06/12 – Ferrol, Teatro Jofre

Sobre Pablo Lesuit

Tras o éxito do seu anterior disco Belorizonte, con máis de 100 concertos en España e Latinoamérica, Pablo Lesuit regresa cunha obra profundamente persoal. Músico, compositor e multiinstrumentista galego, Lesuit combina poesía, percusión e guitarras cun enfoque libre de etiquetas. Nos últimos anos colaborou con artistas como Jorge Drexler, Eladio y Los Seres Queridos, Jenny and the Mexicats ou Esmeralda Escalante (Aínda Dúo, AR), e participou en festivais de referencia en España, Uruguai e Arxentina. Con Camino de las Rocas, Pablo Lesuit emprende unha nova viaxe sonora e emocional na que cada canción é unha aposta e unha declaración de autenticidade.

Hora

15 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events