outubro, 2021

24out12:00O musical de Coco, RecuérdamePEQUERRECHOS | desde 15,75€12:00 Mar de Vigo

Detalles do eventos

A compañía de teatro musical de España co seu magnífico elenco artístico e unha marabillosa posta en escena, leva ao Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo o orixinal e auténtico Musical de Coco baixo o nome “Recuérdame”, o primeiro musical tributo a unha das películas máis entrañables dos últimos anos “Coco”, a cal se inspirou na festividade mexicana do Día de Mortos e converteuse nunha das películas animadas máis taquillera da historia, ademais de conseguir dúas Óscar: á mellor película animada e á mellor canción orixinal. O Musical de Coco será representado o domingo 24 de outubro de 2021.

Haberá dúas sesións: 12.00 horas e 17.00 horas

Baixo a Dirección Artística de Pedro Pomares (El Fantasma de la Ópera, Los Miserables, La Bella y la Bestia…, en la Gran Vía de Madrid), poderemos gozar das míticas cancións da película, ademais das coreografías e voces de excepción de todos os seus intérpretes en rigoroso directo; así como uns decorados, caracterización e vestiario dos seus intérpretes baseados na película.

Un espectáculo para Todos os Públicos, que leva 3 anos percorrendo os principais auditorios e teatros do país, e que conta todas as súas funcións con cheos absolutos (máis de 150.000 espectadores xa o gozaron).

Máis

X