>

07xul12:00O Museo Marco ofrece actividades artísticas para as familias durante o veránPEQUERRECHOS | De balde12:00(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

A área de Didáctica do MARCO presenta a súa programación especial de verán, que este ano inclúe obradoiros para público infantil, Laboratorios Artísticos para familias, talleres e actividades para grupos e colectivos con necesidades específicas, que se desenvolverán en distintos espazos do Museo e na zona exterior e interior do Espazo Anexo. Todo no contexto do programa ‘MARCOinclusivo’, que conta coa colaboración de Fundación la Caixa.

OBRADOIROS INFANTÍS DE VERÁN
Para público infantil de 3 a 6 anos
Conducidos por María Xosé Martínez e persoal de Didáctica do MARCO
Do 7 ao 31 de xullo de 2026
Horario: martes, mércores e venres de 12.00 a 13.30
MARCO: salas de exposición e Espazo Anexo (praza peonil posterior)
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (prazas limitadas)
Para os participantes de menor idade, as actividades de taller poñen o foco nunha experiencia de aprendizaxe baseada no desfrute, ao tempo que serven de apoio á conciliación familiar no período estival. As obras das exposicións serven de eixe condutor para experimentar con técnicas, elementos, conceptos, temas e recursos presentes en artistas como Alberto Ardid –o humor, a repetición, a acción–, Mariana Gomes –a pincelada, a pintura como materia orgánica–, e Francisco Mendes Moreira –a reciclaxe, a apropiación–, a través de distintos medios e materiais.

LABORATORIOS ARTÍSTICOS DE VERÁN
Para participantes a partir de 7 anos sós ou acompañados de persoas adultas
Conducido por Cristina González Larriba (Arte&Garabato) e persoal de Didáctica do MARCO
Do 9 ao 30 de xullo de 2026
Horario: xoves de 11.30 a 13.00
MARCO: salas de exposición e Espazo Anexo (praza peonil posterior)
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (prazas limitadas)
Unha serie de catro sesións independentes arredor das obras de Alberto Ardid e doutros artistas contemporáneos, nas que abordamos accións e experimentos en torno á percepción. Exploramos os mecanismos da visión, redescubrimos paisaxes exteriores e interiores, utilizamos técnicas e procesos creativos para alterar e manipular imaxes, xogando co fragmento, a liña, as escalas, os planos de cor. Traballamos conceptos como a acumulación, o rexistro e a repetición como estratexias de creación artística. Observamos a luz, a sombra e os seus reflexos, como
elementos transformadores e xeradores de novas narrativas visuais.

VISITAS E OBRADOIROS PARA GRUPOS
Actividades á medida para públicos de todas as idades (colectivos, asociacións e grupos con necesidades específicas)
Conducidos por Ma Xosé Martínez e persoal de Didáctica do MARCO
Do 7 ao 31 de xullo de 2026
Horario: martes, mércores e venres de 10.30 a 12.00
MARCO: salas de exposición e Espazo Anexo (praza peonil posterior)
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (prazas limitadas)
Mínimo 10 e máximo 25 participantes por grupo [No caso de grupos pequenos, o número de
participantes poderá completarse con outras reservas]
As mostras de Mariana Gomes, Francisco Mendes Moreira, Alberto Ardid, e o novo proxecto ARTISTAS EN CONSTRUCIÓN, ofrecen múltiples posibilidades de interacción e mediación para grupos e colectivos con necesidades específicas, con propostas deseñadas á medida en función das características dos participantes.
Unha aprendizaxe baseada no descubrimento, a curiosidade, e un pensamento flexible e creativo.

Para poder participar nestas actividades é necesario inscribirse a partir do do venres 26 xuño ás 11:00 h escribindo a recepcion@marcovigo.com ou chamando ao teléfono 986 113900 (ext. 200)

Hora

7 xullo, 2026 12:00(GMT+02:00)