Este é un evento repetitivo18 xaneiro, 2026 11:301 febreiro, 2026 11:30
Detalles do eventos
Debido ao éxito das actividades relacionadas coa exposición temporal de “A beleza do efémero. A arte xaponesa a través das coleccións de Daniel Buján e Pardo-Mitsunaga” o Museo
Detalles do eventos
Debido ao éxito das actividades relacionadas coa exposición temporal de “A beleza do efémero. A arte xaponesa a través das coleccións de Daniel Buján e Pardo-Mitsunaga” o Museo do Mar continúa a ofrecelas este mes de xaneiro.
Sábados ás 11:30 h – ‘Mini artistas no Xapón. Obradoiro de Ukiyo-E’: Embárcate nunha viaxe ao Xapón máis artístico. Neste obradoiro familiar, os nenos e nenas descubrirán o fascinante mundo do ukiyo-e, crearán as súas propias estampas e vivirán a emoción de converterse en artistas por un día. Diversión e creatividade aseguradas!
Duración: 60 minutos
Idade recomendada: familias con menores de 4 a 6 anos.
Domingos ás 12:30 h – ‘Un día no Xapón: Aprende a arte do Ukiyo-E’: Visita guiada participativa na que descubrir a famosa estampa xaponesa, as súas cores, historias e personaxes, así como o seu proceso artesanal. Ademais, os nenos e nenas pasarán á acción creando as súas propias estampas, manexando técnicas tradicionais e levando a vida un pequeno fragmento da maxia do ukiyo-e.
Duración: 60 minutos
Idade Recomendada: familias con menores a partir dos 7 anos.
Ademais os sábados e domingos ás 17:30 h o museo continúa a ofertar a súa tradicional actividade ‘Un museo polo mar’ dirixida a familias con menores a partir dos 8 anos.
Necesario inscrición previa:
INFORMACIÓN E RESERVAS: de martes a venres de 10:00 a 14:00 horas no teléfono 986247750.
As reservas deben realizarse cun día de antelación mínimo e poden sufrir modificacións por cuestións de organización do museo.
Para participar é necesario adquirir a entrada do museo. Prezos:
Entrada xeral: 5,00 €
Entrada reducida: 3,00 € (menores de 9 a 18 anos, parados/as, estudantes, maiores de 65 anos, peregrinos/as, familias numerosas, asociacións de tipo socioasistencial e grupos de máis de dez persoas.
Gratis, menores de anos (inclusive)
Hora
25 xaneiro, 2026 11:30(GMT+01:00)
Localización
Museo do Mar
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra


