Este é un evento repetitivo

O MOZO DA ÚLTIMA FILA

19mar20:00O MOZO DA ÚLTIMA FILAESPECTÁCULOS | 8,00€20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de lingua e literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir dese intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

REDRUM TEATRO

Venres 19 ás 20:00
Sábado 20 ás 20:00

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events