novembro, 2019

14nov18:00O monte tamén é noso: mulleres, sector forestal e xestión comunitariaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00 Biblioteca Juan Compañel

Máis

Detalles do evento

O xoves a partir das 18h no marco do mes da ciencia en galego nas bibliotecas, a Biblioteca pública Juan Compañel acolle unha xornada sobre a importancia do papel feminino no coidado dos bosques. A actividade constará de tres partes:

-Presentación do libro Árbores que non arden: as mulleres na prevención de incendios forestais, do Equipo Batefogo e Catro Ventos Editora. Trátase dunha publicación colectiva que reúne experiencias do activismo e do traballo diario, textos divulgativos e académicos, recursos didácticos, ilustracións e mesmo poesía, para dar a coñecer o papel decisivo das mulleres na prevención dos incendios e na xestión do monte e o territorio en Galicia e Portugal.

-Proxección de En todas as mans, unha curta documental de Diana Toucedo que recolle testemuños de persoas, de forma autónoma, se movilizan para garantir a autoxestión digna dos nosos montes.

-Coloquio centrado no papel das mulleres na xestión comunitaria dos montes.

Hora

(Xoves) 18:00

Lugar

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

X