bannerSGPL

febreiro, 2020

18feb19:00'O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu' de Clara CampoamorACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Biblioteca Juan Compañel

Máis

Detalles do evento

A apaixoada e brillante campaña de Clara Campoamor a favor do dereito da muller ao voto, a pesar da oposición de boa parte da esquerda e tamén do seu propio partido, logrou que o sufraxio universal se implantase en España a partir de 1931. O meu pecado mortal. O voto feminino e mais eu, publicado orixinalmente en 1936, é o relato de defensa da súa actuación e da súa loita a favor dos dereitos da muller, pero tamén da súa soidade política.

Grazas á sabia decisión de Clara Campoamor de escribir a súa versión da aprobación do voto feminino na Segunda República, as mulleres e os homes comprometidos coa erradicación dos privilexios de xénero neste século XXI contamos cun legado excepcional do que aprender, para continuar coa loita pola eliminación da subordinación feminina á que ela serviu con tanta honradez e dignidade.

A editorial Galaxia, na súa colección Feminismos, acaba de publicar en galego esta obra, traducida por María Reimóndez. A edición corre por conta da escritora e avogada Celia Pereira Porto.

 

Hora

(Martes) 19:00

Lugar

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

X