ORQUESTRA CLÁSICA

16abr19:00O mes do libro en Vaidhé: Patricia Sánchez Abealactividades para o coco | de balde19:00(GMT+02:00) Vaidhé

Detalles do eventos

A tenda Vaidhé celebra o Día do Libro cunha programación especial que inclúe encontros con autores, intercambio de libros con dedicatoria e iniciativas pensadas para vivir a lectura en comunidade.

En Vaidhé queren celebrar o Día do Libro facendo o que máis lles gusta: crear espazos onde as historias se compartan. Con esta filosofía, a tenda da rúa Carral transforma todo o mes de abril nun punto de encontro para persoas lectoras, autoras e curiosas que queiran achegarse ao mundo do libro desde unha perspectiva máis próxima e participativa.

Ao longo destas semanas, este espazo acolle unha programación especial con firmas e charlas de escritores e ilustradores que visitarán Vigo para presentar o seu traballo, conversar co público e asinar exemplares. Trátase dunha oportunidade para coñecer de primeira man os procesos creativos e establecer un diálogo directo coas persoas creadoras.

O calendario de actividades inclúe as visitas de Patricia Sánchez Abeal o 16 de abril, Renata Ortega o 17, María Ramos Salgado o 21, Noelia Álvarez o 22, Raquel Senra o 23 e Agustina Shuan o 30, configurando unha axenda variada que abrangue distintas voces e estilos.

Ademais, Vaidhé puxo en marcha un intercambio de libros con dedicatoria, unha iniciativa aberta a todo o mundo que busca ir máis alá do simple troco. A proposta é sinxela: levar un libro en bo estado, deixalo acompañado dunhas palabras para quen o reciba e escoller outro exemplar. Así, pretenden crear unha pequena cadea de historias que pasan de man en man, cargadas de significado e emoción.

A libraría parte dunha idea clara: os libros non son só algo que se le, senón algo que se vive e se lembra. Por iso, durante este mes tamén regalan un marcapáxinas deseñado por elas con cada compra dun libro, tanto na tenda física como na súa web, como un pequeno detalle que acompaña cada lectura.

Xoves 16 ás 19:00 h – Patricia Sánchez Abeal

Venres 17 ás 19:00 h – Renata Ortega

Martes 21 ás 19:00 h – María Ramos Salgado

Mércores 22 ás 19:00 h – Noelia Álvarez

Xoves 23 ás 19:00 h – Raquel Senra

Xoves 30 ás 19:00 h – Agustina Shuan

Hora

16 abril, 2026 19:00(GMT+02:00)

Localización

Vaidhé

Rúa Carral, 7, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events