REVISTA ABRIL

Os Merdeiros

27feb12:00Os MerdeirosAS NOSAS FESTAS | De balde12:00(GMT+01:00) Casco Vello

Detalles do eventos

Achégase o entroido e con el, o Merdeiro. Como xa é tradición a Asociación o Merdeiro sairá polas rúas da zona vella da cidade o venres, domingo e martes de entroido.

O merdeiro é un personaxe do entroido vigués de caracter popular que remitiu nos anos 20 do século XX por medio de ordenanzas municipais que sen mentalos atacaban a súa figura. Recentemente a súa figura está a ser reivindicada de novo por diferentes asociacións. A súa orixe atópase no Berbés, como unha forma de escarnio da xente do mar aos labregos de extrarradio, que ían á ribeira a buscar os restos de peixe, chamado escabiche. Procuraban ridiculizar aqueles elementos do traxe e aparellos de faena máis representativos dos traballadores do campo, esaxerando o seu comportamento ante a sociedade.

Domingo 27 de febreiro pola mañá e tarde
Martes 1 de marzo pola mañá e tarde

Máis

Hora

(Domingo) 12:00(GMT+01:00)

Localización

Casco Vello

Casco Vello, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events