VIALIA
GNIGHT

Este é un evento repetitivo

Mercado Reciclado

29set17:00Mercado RecicladoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde17:00(GMT+02:00) Simia Espacio

Detalles do eventos

O Mercado Reciclado organizado por Felicetta Gualtieri quere despedir o verán por todo o alto cun evento de dous días no que haberá feira, talleres, música en directo e gastronomía.

Despois do parón estival, a deseñadora Felicetta Gualtieri volve a carga cun evento para despedir o verán artísticamente nas xornadas de sábado 27 e domingo 28 pola tarde. Como é habitual o mercado se celebrará en Simia Coworking (Alfonso XIII, 9) e estará distribuído en dúas plantas na primeira atoparemos proxectos de moda upcycling, ilustración, deseño e cerámica; mentres que a planta de abaixo estará dedicada a moda de segunda man, coa posibilidade de levar tres prendas da casa e intercambialas por outras tres; unha maneira sustentable de renovar o armario de cara a nova estación.

Na planta baixa tamén se desenvolverán os obradoiros aos que é necesario inscribirse por correo electrónico para reservar plaza. O sábado de 17:00 a 19:00 h Lumiere Eco guiará aos asistentes para crear dúas velas aromáticas, personalizadas ao gusto de cada participante. Ao día seguinte no mesmo horario, podemos decorar unha peza cerámica con xices de cores e levar con nós a peza decorativa para casa.

O evento tamén contará con actuacións musicais, o sábado ás 20:00 estarán ofrecendo un concerto en acústico Akelarre e o sábado Seba Stone con Simón Drums farán o propio ás 19:30h. Antes dos concertos haberá sesións dj para ir quecendo o ambiente e durante os dous días será posible degustar gastronomía vegana a cargo de Sukha Funk.

Horario: sábado de 17:00 a 22:00 h e domingo de 17:00 a 21:00 h.

Máis

Hora

29 setembro, 2024 17:00(GMT+02:00)

Localización

Simia Espacio

Rúa de Alfonso XIII, 9 Vigo, Pontevedra

Other Events