Mercado da Arte

17mai11:00Mercado da ArteFESTIVAIS E FEIRAS | De balde 11:00(GMT+02:00) Mercado do Calvario

Detalles do eventos

No todo el pescado está vendido celebra a VIII edición do Mercado da Arte na praza de Abastos do Calvario, coincidindo coma sempre coa celebración do Día das Letras Galegas. Este ano dedican a celebración do mercado ao poeta Carlos Oroza, que este mes de maio cumpriría 100 anos.

Cerámica, pintura, ilustración, téxtil, xoieria, serigrafía….. son as disciplinas que se dan cita na Praza de Abastos do Calvario. Este mercado dá cabida a máis de 60 expositores galegos, chegados de norte a sur, con moitas ganas de mostrar o seu traballo. Uns traballos que foron seleccionados entre máis de 150 propostas.

Unha oportunidade para apoiar e coñecer o traballo artesanal e individual destes artistas e poder adquirir obras únicas. Durante toda xornadahaberá distintas actividades para os nenos e contacontos; tamén os concertos de Pickan tones (ás 13:30 h) e Leira Papia (ás 19h).

Día: mércores 17 de Maio
Lugar: Praza de Abastos do Calvario
Horario: 11:00 h a 20:00 h
Entrada libre

PROGRAMA:

Máis

Hora

(Mércores) 11:00(GMT+02:00)

Localización

Mercado do Calvario

Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events