O MERCADO DA ARTE – A Movida

maio, 2018

17mai11:00O MERCADO DA ARTEMERCADO ARTÍSTICO | De balde11:00 Mercado do Calvario

Máis

Detalles do evento

O Mercado do Calvario acollerá, por quinto ano consecutivo un evento artístico, o 17 de maio, Día das Letras Galegas. O Mercado da Arte, terá lugar entre as 11h e as 21h, os banacais das peixeiras encheranse de obras artísticas de máis de 63 autores.  Organizado por No todo el pescado está vendido, esta quinta edición vén cargada de calidade e novidades, combinando exposición artística e venda.

Nesta edición a programación medrou en actividades e colaboradores. Haberá dous concertos. En horario de mañá, estara o  Modulador de Ondas (Vigo), un proxecto onde a música e o audioviual van unidos. E pola tarde, o grupo encargado de facer o peche desta 5ª edición será Músculo, que aterriza no mercado do Calvario despois de tocar en diferentes festivais de recoñecemento nacional.

Tamén cabe destacar a presenza de Franchesca da Silva co seu ‘Nerón o canciño que vagaba por Vigo’ da editorial Elvira, ou das distintas actividades para os máis pequenos como contacontos ou un obradoiro artístico da man de Papelya!.

A pintura en directo tamén estará presente. Artistas locais realizarán un cadro ao longo da xornada, o cal se subastará ao final do evento como homenaxe ao espazo onde se desenrola o Mercado da Arte, unha praza de abastos.

Na pasada edición xurdiu a idea de pintar en cada edición do Mercado da Arte unha pequena parte da fachada exterior do mercado. Laura Toba foi a iniciadora deste proxecto. Este ano, colle o relevo Borja Portela, un rapaz veciño de Coia  que cos seus sprais pasará toda a xornada dándolle cor a esa parte dun dos edificios máis emblemáticos en pé da cidade olívica.

E coma sempre, a presentación de libros de autoedición, non pode faltar. Todo isto acompañado dun rico xantar a cargo do Tinta Negra.

Este ano o Mercado da Arte está adicado a Miguel Vázquez, o artista máis recoñecido da escultura cerámica galega.

 

Hora

(Xoves) 11:00

Lugar

Mercado do Calvario

Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra

X