Detalles do eventos
Do 6 ao 9 de agosto, Vigo volverá converterse nun gran escenario ao aire libre para acoller unha nova edición do Marisquiño, festival de acceso gratuíto que combina
Detalles do eventos
Do 6 ao 9 de agosto, Vigo volverá converterse nun gran escenario ao aire libre para acoller unha nova edición do Marisquiño, festival de acceso gratuíto que combina deportes de acción, música e cultura urbana. O epicentro estará, un ano máis, na praia de Samil, aínda que o MTB Downtown trasladará a competición ao centro da cidade. A edición de 2026 reunirá uns 1.500 deportistas de máis de 30 países, preto de 60 artistas e prevé superar os 150.000 asistentes. O programa inclúe oito disciplinas deportivas, tres delas olímpicas, dúas modalidades adaptadas, probas puntuables para a World Cup de Skateboarding e o circuíto FIBA 3×3, ademais de concertos, DJs, batallas de freestyle rap e intervencións de arte urbana. Estas son nove actividades imprescindibles do festival.
Preme aquí para consultar o programa deportivo.
O Marisquiño 2026 reforza a súa aposta pola música cunha programación gratuíta distribuída en catro escenarios que funcionarán en paralelo do 6 ao 9 de agosto na praia de Samil. Cada espazo contará cunha identidade propia: o escenario SON Estrella Galicia acollerá os concertos principais; La Plaza estará dedicada á cultura DJ e ás batallas de freestyle; Oasis reunirá propostas de reggae, dub e sound system; e Sunset converterase no punto de encontro da escena electrónica viguesa.
Entre os artistas confirmados figuran High Paw, Rebeliom do Inframundo, LG1DO, Lorna, Fresquito y Mango, Nusar3000, Violet, Ital Roots, Chalart58 & Matah, ademais dunha ampla representación de DJs e proxectos galegos e portugueses. Como novidade desta edición, Vigo acollerá por primeira vez a final de DMC Iberia, a principal competición de DJs de España e Portugal, que dará acceso ao campionato mundial de Londres.
Para acceder a un artigo con máis información sobre a súa programación musical, preme AQUÍ

Hora
6 agosto, 2026 20:00 - 9 agosto, 2026 23:59(GMT+02:00)
Hoxe móvese
agosto


