O Marisquiño
11ago(ago 11)13:00O MarisquiñoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde13:00
Detalles do eventos
A XXII edición de O Marisquiño xa quenta motores cara ao seu inicio o vindeiro xoves 11 de agosto coa celebración do Family Day, que este ano aparece
Detalles do eventos
A XXII edición de O Marisquiño xa quenta motores cara ao seu inicio o vindeiro xoves 11 de agosto coa celebración do Family Day, que este ano aparece como novidade no programa. A partir do venres 12 iniciaranse as competicións que este ano terán lugar en ata catro localizacións diferentes da cidade. As inscricións de deportistas xa superan o milleiro para esta edición.
Deportes de acción como o Skate, Dirt Jump, BMX ou o MTB Downtown combínanse nesta edición con outras disciplinas da cultura urbana como o Break-Dance ou o grafiti e coa música que volve estar presente no evento tras a paréntese de tres anos pola pandemia. O único que non cambia é o carácter gratuíto de todas as actividades do festival.
Unha das grandes novidades desta edición é a extensión do evento a outros espazos da cidade, o que permitiu tamén ampliar a capacidade das bancadas para ver as distintas disciplinas. O Skate cambia a súa localización a Samil (onde xa estivo nos seus inicios) e o Basket 3×3 celebrarase na cuberta do Centro Comercial Vialia. Ademais, ampliouse o percorrido do Descenso Urbano que partirá do Castro para terminar no peirao do Berbés.
Como é habitual, O Marisquiño volverá contar cunha nómina de deportistas internacionais moi importante que contribúen a dar fama a un dos eventos de deporte urbano máis destacados en Europa. Figuras como o subcampión olímpico de BMX Daniel Dhers, os skaters Angelo Caro (finalista en Tokyo 2021), Ivan Monteiro, Danny León, a rider colombiana Queen Saray ou a skater arxentina Aldana Beltrán contribúen a facer cada vez máis grande OM.
O Break-Dance e o grafiti son dúas disciplinas que veñen crecendo nas últimas edicións do festival e nesta oportunidade volverán contar con espazos moi destacados e con especialistas moi solventes.
VIGO GASTRONÓMICO EN OM
Ademais das competicións deportivas e a música, OM contará cunha oferta gastronómica importante, entre elas a da Asociación Vigo Gastronómico que despregará un amplo espazo no Peirao de Transatlánticos durante os tres días do Festival dando un servizo especializado e de calidade a todo o público do evento.
Vigo Gastronómico está formado por un grupo de 10 restaurantes recoñecidos da cidade, que ten como obxectivo ser un referente que dinamice tanto o sector gastronómico como o turístico. Colabora con institucións públicas, privadas e Ong e combina a cociña tradicional coa de vangarda, a creatividade e os ingredientes de proximidade. Por todo iso contará cun espazo destacado en OM 2022.
FAMILY DAY
Outra das grandes novidades deste ano é que OM gaña un día coa celebración do Family Day, unha xornada que este ano terá lugar o xoves 11 de agosto e que permitirá a nenos e mozos de Vigo e a súa comarca gozar dunha serie de talleres para aprender máis sobre os seus deportes favoritos.
Ademais, esta experiencia realizarase nos mesmos circuítos onde horas máis tarde estarán a competir os grandes deportistas internacionais de cada disciplina. Desta forma conséguese un mellor aproveitamento dunhas custosas infraestruturas e, ademais, foméntase a formación dos campións do futuro.
VOLVE A MÚSICA
Despois de tres anos de ausencia, a música volve a O Marisquiño e faino xa desde o xoves 11 cun concerto de benvida en Castrelos a cargo de Hijos de la Ruina e Wöyza. Durante as tres xornadas centrais do festival haberá dous escenarios, un no Peirao de Transatlánticos con concertos e outro en Samil para sesións de DJ´s diúrnas.
Ademais, na tarde do domingo celebrarase unha Batalla de Galos na zona do Tinglado.
Entre os artistas musicais que estarán presentes nesta edición de OM atópanse Boyanka Kostova, Eternal Entropy, Bflecha ou Mwëslee. A pluralidade de estilos urbanos e a aposta polo talento local e galego marcan a programación musical de OM nesta ocasión.
PROGRAMACIÓN COMPLETA DE O MARISQUIÑO
Máis

Hora
11 (Xoves) 13:00
Hoxe móvese
Séguenos nas redes