CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

O MARCO organiza talleres inclusivos infantís este verán

04xul11:30O MARCO organiza talleres inclusivos infantís este veránPEQUERRECHOS | De balde11:30(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Durante o mes de xullo, a área de Didáctica do MARCO presenta a súa programación especial de verán, que este ano inclúe obradoiros infantís y actividades a medida para grupos, xunto a unha innovadora proposta centrada na arquitectura e os espazos do Museo. Todo no contexto do programa ‘MARCOinclusivo’, grazas á colaboración de Fundación “la Caixa”.

LABORATORIO DE ARQUITECTURA
Para público infantil a partir de 6 anos
Conducido por Taller Abierto e Arte&Garabato

Do 4 ao 30 de xullo de 2024
Horario: martes e xoves de 11.30 a 13.00
MARCO: salas de exposición e Espazo Anexo (praza peonil posterior)
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (prazas limitadas)
Reservas de praza en taquilla recepcion@marcovigo.com / Tel. 986 113900 (ext. 200)

Una serie de talleres sobre arquitectura, que toman como base o propio edificio del MARCO para abordar esta disciplina desde dous puntos de vista. Por un lado, transmitindo conceptos fundamentais que axuden a comprender unha materia que se percibe como complexa e excesivamente técnica, mediante unha metodoloxía creativa e lúdica, adaptada ás idades dos/as participantes. Por outro, unha vivencia do espazo que profunda nos devanditos conceptos de forma máis experimental e multisensorial, poñendo en xogo todos os sentidos.

VISITAS E OBRADOIROS PARA GRUPOS
Actividades á medida para públicos de todas as idades (colectivos, asociacións e grupos con necesidades específicas)
Conducidos por Mª Xosé Martínez e persoal de Didáctica do MARCO
Do 3 ao 31 de xullo de 2024
Horario: mércores e venres de 10.30 a 12.00 (agás 25 xullo)
MARCO: salas de exposición e Espazo Anexo (praza peonil posterior)
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (prazas limitadas)
Reservas de praza en taquilla recepcion@marcovigo.com / Tel. 986 113900 (ext. 200)

As mostras de Daniel Verbis, Bosco Caride, e Laía Argüelles Folch, ofrecen múltiples posibilidades de experiencias e obradoiros, a través do contacto directo coas obras en salas. As actividades, deseñadas á medida en función das necesidades e características de cada grupo, funcionan como fío condutor entre as persoas participantes e o espazo do Museo, procurando fomentar un vínculo afectivo que está na base de todo coñecemento.

TALLERES INFANTÍS DE VERÁN
Para público infantil de 3 a 6 anos
Conducidos por Mª Xosé Martínez e persoal de Didáctica do MARCO
Do 3 ao 31 de xullo de 2024
Horario: mércores e venres de 12.00 a 13.30 (agás 25 xullo)
MARCO: salas de exposición e Espazo Anexo (praza peonil posterior)
GRATUÍTO, PREVIA INSCRICIÓN (prazas limitadas)
Reservas de praza en taquilla recepcion@marcovigo.com / Tel. 986 113900 (ext. 200)

Nesta nova edición dos obradoiros de verán, os máis pequenos terán oportunidade de participar unha vez máis en actividades de taller, concibidas como sesións independentes, que poñen o foco nunha experiencia de aprendizaxe baseada no desfrute, e que funcionan tamén como apoio á conciliación familiar no período estival.

Máis

Hora

4 xullo, 2024 11:30(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events