OV430

12decTodo o día01febO MARCO exhibe a consolidación da súa colección propiaARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

A partir deste venres 12 de decembro, varias salas da planta baixa do MARCO (Patio 1, Galería 1, Galería 2) acollen unha selección de obras de dez artistas que forman parte da Colección MARCO, completando así a programación de exposicións deste 2025.

A nova exposición do MARCO de Vigo presenta unha selección ampliada da súa aínda incipiente colección, resultado de doazóns e adquisicións recentes que buscan trazar un relato coherente do arte contemporánea galega en diálogo co contexto peninsular e internacional.

O percorrido ocupa varios espazos da planta baixa e estrutúrase en tres ámbitos: un patio onde dialogan as obras de Berta Cáccamo, Bosco Caride e Lluís Lleó; unha galería que reúne traballos de Washington Barcala, Leopoldo Nóvoa, Alfonso Galván, Juan Giralt, Sofía Madrigal e Idoia Montón. Finalmente, a segunda galería está dedicada integramente ao artista portugués Jorge Martins.

Horarios apertura
De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 14.30

Programación para asociacións, colectivos e grupos con necesidades específicas
A partir do 8 xaneiro 2026
Horario: flexible en función de necesidades e dispoñibilidade
Previa cita: tel. 986 113900 Ext. 200 / 986 113900 Ext. 308 / Correo-e:
comunicacion@marcovigo.com

Talleres infantís
A partir do 10 xaneiro 2026
Horario: sábados de 11.00 a 12.30 (de 3 a 6 anos) e de 12.30 a 14.00 (de 7 a 12 anos)
Previa inscrición: tel. 986 113900 Ext. 200 / Correo-e: recepcion@marcovigo.com

Información e visitas guiadas
O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais: todos os días ás 18.00 / Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita.

Hora

12 decembro, 2025 - 1 febreiro, 2026 (Todo o día)(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events