PORTAMERICA >

03xulTodo o día30novO Marco convídanos a xogar a través de 'Artistas en construcción'ARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

O Museo Marco acaba e inaugurar ‘Artistas en contrucción’ un proxecto a cabalo entre o expositivo e o educativo que irá evolucionando ao longo do tempo e que nos convida a xogar. En palabras dos organizadores: “Trátase dunha instalación artístico-pedagóxica en crecemento, un tren ao que subirse en marcha, unha viaxe a través da construción e a creatividade.”

A instalación actual, situada no Patio A3 do museo na planta baixa, chámase Balbordo na sala e conforma un conxunto de elementos voantes suspendidos do teito. Un corpo circular composto de fitas de material téxtil, que axuda a mellorar o comportamento acústico da sala, e no seu centro unha estrutura cinética a xeito de calidoscopio, con posibilidade de manipulación por parte do público e participantes nas actividades.
Arredor a esta peza central, o espazo vaise formulando como taboleiro de xogo: material cedido por empresas colaboradoras, elementos desbotables procedentes do almacén do Museo, materiais de uso habitual da área de Didáctica, instrumentos e ferramentas. Unha mestura de taller de artista e laboratorio de reciclaxe pedagóxica,
un fondo escénico denso de material, que mellora a absorción acústica e os efectos visuais, tratando de recrear a idea de taller.

A partir desta primeira instalación base, iranse incorporando diferentes artistas a través de micro instalacións ou propostas artístico-pedagóxicas, sempre baixo unha mesma premisa: calquera proposta debe ser creada ou activada a través de equipos: as troupes. Así pois, non se trata de accións ou proxectos de artistas en solitario, senón mediadas por un equipo, un grupo ou comando que sexa colaborador habitual do artista. Pode tratarse dunha asociación, colectivo, alumnado, ou grupos específicos, que participarán activamente na creación, toma de decisións ou activación da proposta. Isto orienta dun modo claro o perfil do artista participante a un modelo próximo ao pedagóxico, onde este concepto está integrado dende a base.

Nesta primeira fase interviron tres grupos de creación. Fermín G. Blanco e Víctor González García-Echave, arquitectos e mediadores do proxecto Nenoarquitectura traballaron coa troupe da Asociación Escóitasme; Alberto Ardid, artista e docente en Fundación Igualarte colaborou coa troupe de Diseñatas; e Elena Gómez Dahlgren, artista e profesora no IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar) xuntou a un grupo de alumnos e alumnas que formaron a troupe das pegas.

Durante o mes de agosto, o espazo permanecerá aberto e accesible para o público que queira visitar a sala e interactuar cos elementos e materiais que estean dispoñibles nesta fase do proxecto, seguindo as indicacións do persoal de salas. Mentres en setembro e en novembro activaranse a fase dous e tres do proxecto.

Paralelamente, ao longo dos meses, o equipo de Didáctica do MARCO desenvolverá propostas de activación e mediación no espazo, en colaboración con diferentes grupos destinatarios: escolares, público infantil, familias, asociacións e colectivos con necesidades específicas.

Horarios apertura
De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 14.30

Hora

3 xullo, 2026 - 30 novembro, 2026 (Todo o día)(GMT+02:00)