Aniversario Marco: 'Misturas'
17nov12:00Aniversario Marco: 'Misturas'ESPECTÁCULOS | De balde12:00(GMT+01:00) Museo Marco
Detalles do eventos
Cada 13 de novembro, o Museo MARCO cumpre anos desde a súa apertura ao público en 2002. Con motivo deste aniversario, o museo ofrece unha
Detalles do eventos
Cada 13 de novembro, o Museo MARCO cumpre anos desde a súa apertura ao público en 2002. Con motivo deste aniversario, o museo ofrece unha programación especial na fin de semana do sábado 16 e domingo 17 de novembro.
MISTURAS
Unha produción de Fundación Igualarte
Para público en xeral
1º pase: sábado 16 novembro, de 20.00 a 21.00
2o pase: domingo 17 novembro, de 12.00 a 13.00
Salón de actos
Gratuíto. Prazas limitadas. Previa inscrición en recepcion@marcovigo.com
MISTURAS, creado por Fundación Igual Arte, é un espectáculo audiovisual con música orixinal en directo. Unha experiencia inmersiva na que, a través dunha conxunción de imaxes e son, percorremos un camiño de luces e sombras, e viaxamos a través de diferentes temáticas relacionadas coa vida. Os temas propostos son nove, e o resultado é a suma de diferentes elementos onde a pluralidade está sempre presente. Unha produción innovadora na súa posta en escena, onde o público se converte en espectador activo e elabora a súa propia viaxe, evocando, rememorando e sumando as súas experiencias vitais os estímulos visuais e auditivos. Misturas é un berro que defende todos os matices de cor, forma, e contido. Unha aposta pola pluralidade, pola conquista do diferente, que nos fai máis conscientes.
PAIXASE RECORTADA/PAISAXE HABITADA
Obradoiro para público familiar
Unha proposta de María Pereira, conducida por persoal de Didáctica do MARCO
Para público infantil a partir de 7 anos acompañados de persoas adultas
Sábado 16 novembro, de 11.30 a 13.30
Espazo Anexo (praza peonil posterior)
Gratuíto. Prazas limitadas. Previa inscrición en recepcion@marcovigo.com
Neste obradoiro destinado a público familiar crearemos unha instalación-mural nunha das paredes interiores do Espazo Anexo, o denominado ‘Laboratorio dás Artes’ dedicado ás actividades da área de Didáctica. A idea está inspirada en recursos formais e conceptuais presentes na obra da artista Susanne Themlitz, protagonista da nova exposición inaugurada o 8 de novembro nas salas da planta baixa do MARCO, e en aspectos vinculados á arquitectura e a paisaxe. A partir da idea de repetición, e xogando con dualidades como presenza/ausencia, contedor/contido, conformaremos a silueta dunha paisaxe urbana.
Máis
Hora
17 novembro, 2024 12:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes