Este é un evento repetitivo22 abril, 2026 10:15
21abr10:15Biblioteca HumanaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde10:15(GMT+02:00) MARCO
Detalles do eventos
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o MARCO, acollerá unha nova edición da iniciativa Biblioteca Humana. Luz na escuridade, organizada pola EPAPU Nelson Mandela en colaboración co
Detalles do eventos
O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, o MARCO, acollerá unha nova edición da iniciativa Biblioteca Humana. Luz na escuridade, organizada pola EPAPU Nelson Mandela en colaboración co museo.
A actividade celebrarase durante tres días e estará aberta ao público xeral, especialmente dirixida a estudantes de secundaria, bacharelato, FP e universidade, así como a colectivos e persoas interesadas.
Nesta proposta, persoas internas do Centro Penitenciario de A Lama e internas en terceiro grao do CIS de Vigo compartirán as súas historias de vida en conversas cara a cara co público, actuando como “libros humanos”.
A iniciativa, baseada no concepto internacional de Biblioteca Humana creado en Copenhague, busca fomentar o diálogo, a empatía e a comprensión entre realidades diversas.
Horarios:
DATAS E HORARIOS (dispoñibles ata completar capacidade):
Martes 21 abril
1ª quenda = de 10.15 a 11.45 [COMPLETA]
2ª quenda = de 12.15 a 13.45
Mércores 22 abril
1ª quenda = de 10.15 a 11.45
2ª quenda = de 12.15 a 13.45
Xoves 23 abril
1ª quenda = de 10.15 a 11.45
2ª quenda = de 12.15 a 13.45
As prazas son limitadas (máximo 25 persoas por sesión) e require inscrición previa no correo comunicacion@marcovigo.com.
Hora
21 abril, 2026 10:15(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra



