O Marco acolle a exposición da artista multimedia portuguesa Susanne S. D. Themlitz
Detalles do eventos
8 novembro 2024 – 13 abril 2025 Dende que se deu a coñecer, a mediados dos anos noventa, en proxectos comisariados por
Detalles do eventos
8 novembro 2024 – 13 abril 2025
Dende que se deu a coñecer, a mediados dos anos noventa, en proxectos comisariados por Luís Serpa, Susanne S. D. Themlitz (Lisboa, 1968) defendeu unha práctica artística na que recorre aos medios e materiais máis próximos. As súas pinturas iniciais e obxectos de pequena escala e de tratamento denso, deron paso a fotografías e recreacións de paisaxes transportables, xeralmente habitadas por pequenos personaxes. Nas últimas décadas, dende a súa dobre residencia, portuguesa e alemá, formula unha obra ambiciosa na que plasma as ideas en debuxos e pinturas sobre papel ou muro, esculturas, fotografías, vídeos, obxectos, textos, xunto a materiais recollidos dos almacéns das instalacións nas que expón.
O seu proxecto para o MARCO, ademais de servir de reflexión sobre a memoria dos materiais, a vida do propio centro e a súa contorna, revisa as diferentes formulacións estéticas da artista, cunha montaxe que busca a sorpresa do público, ao pensar de modo diferente cada unha das salas. Susanne Themlitz constrúe un mundo con autonomía en cada espazo. A partir da grande instalación visual e sonora construída con canas de bambú no primeiro dos patios, a circulación pola planta baixa continúa por unha sala concibida a xeito de arquivo ou laboratorio da artista, e dende aí vai transitando pola idea dunha paisaxe habitada, a través dun conxunto de obras en distintos formatos que se van apropiando dos espazos. Unha exposición, polo tanto, que permite repasar os intereses estéticos da artista, a evolución da súa obra, e a súa mirada sobre a cidade que acolle a mostra.
Sobre a artista
Susanne S. D. Themlitz, nacida en 1968 en Lisboa, vive e traballa en Colonia e Lisboa. Levou a cabo os seus estudos de Artes Visuais entre 1987 e 1995 en Ar.Co. (Lisboa), Royal College of Art (Londres) e Kunstakademie de Düsseldorf. Entre as súas exposicións individuais dos últimos años cóntanse Still/Home, Galería Martins&Montero (Bruxelas, 2024); Ghosts and Weeds, Maus Hábitos (Porto, 2023); Poemas, Galería Ángeles Baños (Badajoz, 2023); Dentro, Galería Vera Cortês (Lisboa, 2022), Transformatório Themlitz & Companhia, Arquipélago Museum for Contemporary Arts, (Azores, 2022); From the Forest Floor, Galería Alex Serra (Colonia, 2022); Um berlinde no chão, quase no meio da sala, Casa da Cerca (Almada, 2021/22); Momento Monumento, Porta 14 (Lisboa, 2021); Longe. Desvelado. Ao vento, Sismógrafo (Porto, 2020); The Still Life of Landscape, Matjö Raum für Kunst (Colonia, 2019); El silencio cerca de la línea, Galería Ángeles Baños (Badajoz, 2019); Três linhas, um canto vezes quatro. E uma paisagem, Galería Vera Cortês (Lisboa, 2018); Respiração. Pausa – Entre dois pontos, Galería Vera Cortês (Lisboa, 2016); Le loir est rendormi, Houg Gallery (París, 2015); Entre el Tiempo, Museo de Arte Moderno y Contemporáneo de Santander y Cantabria (Santander, 2011).
Horarios apertura
De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Domingos, de 11.00 a 14.30
Con motivo desta mostra, o MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, editará unha publicación que, xunto a imaxes e documentación das obras en exposición, incluirá textos do comisario e director do MARCO, junto a outros autores.
Máis
Hora
8 novembro, 2024 11:00 - 13 abril, 2025 21:00(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes