>
Detalles do eventos
Do 28 de maio ao 9 de agosto A Casa das Artes de Vigo acolle o a exposición O mar tamén é noso, da artista
Detalles do eventos
Do 28 de maio ao 9 de agosto
A Casa das Artes de Vigo acolle o a exposición O mar tamén é noso, da artista Alicia Framis, comisariada por Paula Cabaleiro. A mostra reúne obras da creadora xunto a imaxes do Arquivo Pacheco e conta coa participación de mulleres de Vigo e da súa contorna, ademais das poetas Chus Pato, Yolanda Castaño e Silvia Penas, así como do coro feminino Concepción Arenal da Fundación Coral Casablanca.
Esta exposición é unha visión e revisión contemporánea, crítica e autocrítica, manifestamente feminista, da poética da “espera” e do concepto de “agarda”, esa agarda que a muller tivo que portar (e soportar) con carraxe ao longo de séculos de historia. En lugares bañados polo océano Atlántico, a espera da muller atravesou mares, sendo tantas e tantas as mulleres que agardaron toda a súa vida en terra polos seus maridos embarcados ou emigrados. Diso, en Galicia, sabemos bastante. E tamén de rachar co arquetipo de muller sumisa, que agarda paciente, baixo á supremacía do control masculino, vindicando agora á Penélope que foi dona do seu destino, ao igual que tantas mulleres que tiveron que tomar as rendas da xestión da súa vida (social, económica e familiar) en ausencia dos seus maridos, para sobrevivir.
Xa o dicía a nosa gran Xohana Torres: “Existe a maxia e pode ser de todos (todas). Eu tamén navegar”. Así, “O mar tamén é noso” é unha resposta ao patriarcado. “Sal de Ítaca, Penélope. El mar también es tuyo”. Esta frase da escritora española Carmen Losa é a que a artista Alicia Framis toma para dar título a este proxecto. Pero transformando a segunda persoa do singular nun plural inclusivo que transcende a Penélope para nos abranguer a todas. A artista catalana afincada en Ámsterdam presenta aquí unha mostra interactiva, que promove a conexión das mulleres da historia de Vigo coa actualidade, rachando co silencio e coa invisibilidade e vindicando o poder da palabra. Tras o impacto ineludible da imaxe e da mirada, a exposición transita entre o pensamento e a poesía, nesa tensión entre a palabra poética e a palabra pensante e pensada. Para esta proposta, a artista e a comisaria propoñen un traballo de revisión en perfecta simbiose cunha aposta pola participación e pola acción performativa.
Horario:
- De luns a venres.- De 18:00 a 21:00 h.
- Martes e xoves: de 11:00 a 14:00 h.
- Sábados.- De 12,00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 horas
- Domingos e festivos.- De 12:00 a 14:00 h.
Hora
28 maio, 2026 18:00 - 9 agosto, 2026 21:00(GMT+02:00)
Localización
Casa das Artes
Policarpo Sanz, 15, Vigo
Hoxe móvese
xuño



