O mar abríndose a Beade

19decTodo o día23xanO mar abríndose a BeadeARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+01:00) Auditorio CSCR de Beade

Detalles do eventos

A Sala de exposicións do C.S.C.R. de Beade acolle a exposición ‘O mar abríndose a Beade’, de Antonio Abalde.

A través dun trazo realista e minucioso, Abalde plasma pequenos recunchos que transmiten un profundo amor e respecto pola xeografía e etnografía de Galicia. Coma se dun álbum fotográfico se tratase, captura cos seus pinceis paisaxes mariñas, de montaña, regatos, cultura, tradicións e escenas costumistas que buscan transmitir valores de identidade galega que converten cada unha das súas pinturas nunha homenaxe á súa terra natal. Infinidade de matices verdes e azuis caracterizan a obra de Abalde onde destaca a variedade cromática para recrear todos eses recunchos que se diseminan ao longo da xeografía galega e que son tan descoñecidos para o público.

A exposición estará aberta do 19 de decembro de 2022 ao 23 de xaneiro de 2023, de luns a domingo en horario de 10h a 21h.

Máis

Hora

Decembro 19 (Luns) - Xaneiro 23 (Luns)(GMT+01:00)

Localización

Auditorio CSCR de Beade

Estrada Coutada, Nª42, C.P.: 36312, Vigo (Pontevedra)

Other Events