FAITE AMOVIDALOVER

18mar(mar 18)16:0021(mar 21)19:00IV Semana da Produción e XestiónACTIVIDADES PARA O COCO | De balde16:00 - 19:00 (21)(GMT+01:00) Conservatorio Profesional de Música

Detalles do eventos

O luns 18 comezará a IV Semana da Producción e Xestión do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Un total de 18 ponentes, entre os que se atopan figuras coma Abraham Cupeiro, Cristina Pato, a SGAE ou Juventudes Musicales de España, dialogarán do 18 ao 21 de marzo sobre as industrias musicais.

Trátase dun evento organizado polo profesorado e alumnado do departamento de Produción e Xestión de Música e Artes Escénicas do CSM de Vigo, que pretende abarcar unha visión completa do panorama musical actual mediante conferencias e obradoiros no campo das industrias culturais. Contarán ca participación de expertos e expertas de gran prestixio do ámbito nacional e internacional.

Oswaldo Costal Oro, xefe do departamento de Produción e Xestión que organiza estas xornadas, desvelou esta programación destacando que “é unha oportunidade única para coñecer grandes figuras da música, algunhas delas conectaranse mesmo desde EE.UU.”. Doutra banda, Esteban Valeverde, director do conservatorio, resalta que “Produción e Xestión do CSM Vigo é un produto de calidade”.

Esta especialidade iniciouse no ano 2018, sendo unha titulación de grao pioneiro en España, que forma en xestión e produción das industrias musicais e culturais, por exemplo creación e produción de festivais, xestión de artistas, discografía, entre outros múltiples formatos culturais. Destacar a boa saúde que gozan as industrias musicais que
xeraron un 1,5 de PIB en España, sen contar a repercusión que ten para a hostelaría ououtros sectores.

Programación completa:

Luns 18 de marzo:
● Eloy Fernández, Claudia Ortiz e María Casado de Juventudes Musicales de España
(Aula 4 del CSM Vigo, ás 11.00h)
● “Conversas con Abraham Cupeiro” por Abraham Cupeiro (Auditorio Martín Codax ás
17h)
● “IBS Classical: 20 años de produción discográfica” por Paco Moya (Auditorio Martín
Códax ás 19h)

Martes 19 de marzo:
● “O Corazón de la SGAE: o seu arquivo e a protección dos Dereitos de Autor” por
Miguel Diéguez e Mariluz González, representantes da Dirección Territorial Nordeste
da SGAE (Sociedad General de Autores y Editores) (Aula de Orquestra, ás 10h)
● “Identificación de oportunidades: Creatividade e emprendemento” por David
Gutiérrez (Aula de Orquestra, ás 12.30h)
● “Ferramentas escénicas para a produción musical” (ESAD Galicia, ás 16.00h)

Mércores 20 de marzo:
● “Sinfonía en SEO Mayor: os tempos de Google” por Wajari Velasquez (Aula 15, ás
11h)
● “Nume producións: para facermos cultura con calidad e e corazón” por Álvaro
Carballo (Aula 15, ás 16.00)
● Ismael Arias (Aula 15, ás 17.30h)
● “A Revolución da IA: Redifinindo os Paradigmas Creativos” por Alexander Rodríguez
(aula 15, ás 19h)

Xoves 21 de marzo:
● “Taller de Loops con Benxamín Otero” por Benxamín Otero (Aula de Orquestra, ás
11h)
● “A experiencia de xestión cultural nun equipamento público” por Silvia Modia (Aula
de Orquestra ás 16.30h)
● “Entremedias: Interseccións e Sostenibilidade Cultural” por Crisitina Pato (Aula de
Orquestra ás 18.30h)

Hora

18 marzo, 2024 16:00 - 21 marzo, 2024 19:00(GMT+01:00)

Localización

Conservatorio Profesional de Música

Rúa Felipe Prósperi, 3, 36209 Vigo, Pontevedra

Other Events