OV430

08feb21:00O líder dunha das bandas máis icónicas dos noventa actuará en Galicia da man do UnderfestCONCERTOS | -21:00(GMT+01:00) A Coruña

Detalles do eventos

UNDERFEST XACOBEO presenta “An Evening with JEFF TWEEDY” o 8 de febreiro no Teatro Colón da Coruña

O fundador e líder de Wilco e pioneiro do alt-country con Uncle Tupelo, Jeff Tweedy, é sen dúbida un dos compositores máis prestixiosos e influíntes do rock estadounidense contemporáneo, un tótem do rock de raíces cunha das voces máis recoñecibles da escena e unha sólida traxectoria ás súas costas.

Dentro da súa exclusiva xira europea, que pasará só por contadas capitais, Jeff Tweedy chega por primeira vez en solitario á Coruña co seu novo traballo Twilight Override e cun repertorio que celebra tres décadas de cancións inesquecibles. Unha carreira marcada pola honestidade lírica, o intimismo sonoro e unha capacidade innata para emocionar sen artificios. Tweedy leva demostrado que non precisa aspaventos para conquistar o público. A súa figura de artista próximo e profundamente humano é tan icónica como as súas letras, que oscilan entre o cotián, o melancólico e o espiritual.

Este concerto forma parte dunha xira moi especial na que o seu novo disco en solitario convivirá con xoias de distintas etapas da súa carreira. Será unha velada íntima, sincera e profundamente emocional, onde gozaremos de novas cancións e clásicos da súa discografía con Wilco e Uncle Tupelo, interpretados coa autenticidade que só Tweedy pode ofrecer.

Cando o músico de Illinois publicou en 2020 un libro titulado Como componer unha canción, absolutamente ninguén frunciu o cella. Se alguén ten autoridade para explicar como se fai unha canción, é el. Fixera tantas ao longo da súa vida que, nun momento dado, decidiu comezar a publicar discos en solitario porque Wilco, a banda que capitanea desde hai tres décadas, non podía asumilas todas. Así, a piques de cumprir 60 anos, Tweedy presenta unha obra musical que explica o rock de raíces norteamericano desde tres perspectivas: o seu primeiro grupo, Uncle Tupelo, pioneiro do alt-country; o seu proxecto máis popular, Wilco; e a súa carreira en solitario. Un percorrido no que sempre exhibiu o mesmo aspecto de tipo absolutamente normal: Tweedy é unha estrela do rock dentro do corpo do veciño co que te cruzas no portal. Esa naturalidade funciona como contrapunto para a capacidade absolutamente extraordinaria que sempre tivo para xerar imaxes coa súa música, ás veces cruelmente reais, ás veces máxicamente abstractas.

A súa voz cálida, as súas letras introspectivas e o seu estilo depurado converterán o concerto nunha experiencia única para os amantes do rock de raíces, do folk e da canción de autor. Unha cita imprescindible para os seguidores do rock independente e da canción americana contemporánea.

As entradas sairán á venda o venres 12 en Ataquilla.com

Hora

8 febreiro, 2026 21:00(GMT+01:00)

Localización

A Coruña

A Coruña, A Coruña

Other Events