'O libro dos océanos' de Esther Gonstalla – A Movida

novembro, 2018

29nov19:30'O libro dos océanos' de Esther GonstallaPRESENTACIÓN LIBRO | De balde19:30 Casa del Libro

Máis

Detalles do evento

Verteduras de petróleo, sobrepesca, illas de refugallos plásticos… O ser humano é, sen dúbida, a principal ameaza do mar.

Catro Ventos Editora presenta en tradución ao galego esta obra da informadora gráfica Esther Gonstalla e con prólogo á edición galega da investigadora María Xosé Vázquez Rodríguez. Cun deseño atractivo, textos ben documentados e o apoio científico da German Ocean Foundation, este libro constitúe un retrato detallado con que comprender mellor as relacións que existen entre a actividade humana e as mudanzas que sofre o mar.

Nesta presentación contaremos coa visión da súa prologuista, María Xosé Vázquez Rodríguez, profesora da Universidade de Vigo e membro do grupo de investigación erenea (Economía dos Recursos Naturais e Ambientais). Con ela faremos un retrato das ameazas ás que están expostos os mares no mundo e, por suposto, en Galiza.

Hora

(Xoves) 19:30

Lugar

Casa del Libro

Rúa Velázquez Moreno, 27, 36202 Vigo, Pontevedra

X