bannerConfinarte
bannerSGPL

febreiro, 2020

20feb19:30'O LIBRO DA FILLA' de Inma López SilvaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30 Casa del Libro

Máis

Detalles do evento

Presentación de O LIBRO DA FILLA, de Inma López Silva, publicado por Editorial Galaxia. No evento intervirán, ademáis da autora, a periodista Noelia Otero e Francisco Castro, director de Editorial Galaxia.

Despois de catro anos sen publicar obra de ficción, o 13 de febreiro de 2020 chega ás librarías O libro da filla, a nova novela de Inma López Silva que publicarán simultaneamente en galego e español Editorial Galaxia e Lumen, respectivamente.

“O libro da filla é un relato profundo e inquietante en que a autora parte dun caso real de abuso no ámbito familiar para obrigarnos a ollar de fronte o mellor e o peor de nós como persoas e como sociedade”, di a contraportada da edición galega.

Hora

(Xoves) 19:30

Lugar

Casa del Libro

Rúa Velázquez Moreno, 27, 36202 Vigo, Pontevedra

X