BANNER CANS
BANNER GALAXIA

31mai20:00Terras Gauda celebra un evento exclusivo que fusiona viño, música e arte no corazón do viñedoGASTRO | Desde 71,50 €20:00(GMT+02:00) Bodegas Terras Gauda

Detalles do eventos

Terras Gauda une o mellor do viño, a música e a arte nun evento único de enoturismo, que terá lugar o sábado 31 de maio. Co selo da singularidade que diferencia aos seus viños, a bodega deseñou un variado programa de actividades para celebrar o inicio da floración, dando vida a un novo festival: O Latexar de Terras Gauda. Unha xornada, con aforo limitado, para a que se elixiron a varios artistas locais e a unha restauradora da zona como protagonistas para remarcar a conexión coa contorna.

Guadi Galego, unha das profesionais máis recoñecidas do panorama musical actual, ofrecerá un concerto en directo no viñedo, no que presentará a súa xira Síntese Horizonte, avalada pola súa dilatada traxectoria que empezou como vocalista, pianista e gaiteira do grupo Berrogüetto, varios discos en solitario e o Premio da Crítica Galicia, na categoría de Música, entre outros.

A exposición inmersiva de pintura da artista multidisciplinar Pilar Alonso sorprenderá ao público, que poderá visualizar a súa obra no percorrido polo viñedo que rodea á bodega. Cun proceso creativo que reflicte a súa concepción do mundo e que define como “un autorretrato escénico que utilizo a modo de autobiografía”, desde o seu taller de Tomiño crea obras que se expoñen en toda Europa.

A xornalista Esther Estévez, figura referente do audiovisual galego, presentadora do programa da TVG Dígocho Eu, polo que recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora en dúas ocasións, será a encargada de conducir o evento e de acompañar ao director enolóxico Emilio Rodríguez Canas na cata guiada dos viños Terras Gauda, Terras Gauda Etiqueta Negra e La Mar, preámbulo dunha cea maridaxe especial a cargo de Los Fogones de Ana.

Viño de benvida e Free Wine Bar

Está previsto que o programa empece ás 20.00 horas na sede da adega (Estrada Tui-A Guarda, km. 55, O Rosal) cun viño de benvida: o Albariño Abadía de San Campio, que estrea a nova imaxe deseñada por Javier Mariscal. A experiencia desenvolverase en diferentes escenarios no viñedo e, durante a actuación musical, os asistentes terán á súa disposición un Free Wine Bar para que poidan brindar ata as doce emedia da noite, hora á que finaliza.

A maiores, co obxectivo de facilitar os desprazamentos á bodega, ofrécense dúas rutas de ida e volta en autobús:

  • Vigo – Porriño – Tui – Tomiño
  • Nigrán – Baiona – A Guarda – O Rosal

ENTRADAS AQUÍ.

MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ.

Máis

Hora

31 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Bodegas Terras Gauda

Estrada Tui-A Guarda, km 55, 36760 O Rosal, Pontevedra

Other Events