>
Detalles do eventos
A Mancomunidade Montes de Vigo organiza a novena entrega do Trail Montes de Vigo, celebrada de novo no Parque Forestal de Beade o 12 de
Detalles do eventos
A Mancomunidade Montes de Vigo organiza a novena entrega do Trail Montes de Vigo, celebrada de novo no Parque Forestal de Beade o 12 de outubro a partir das 10:00 h. Trátase dunha iniciativa que busca dar a coñecer o uso social dos nosos montes, invitando aos participantes a gozar dos seus sendeiros e paisaxes. É a terceira das catro probas da Pontevedra Trail League. Xa están abertas as inscricións nas dúas modalidades da proba, a prezo reducido ata o 15 de setembro.
A carreira conta con dúas modalidades:
- Gran Trail Montes de Vigo: Percorrido de 22 km; desnivel total de 1050 m; saída ás 10:00 h; abastécense 2 líquidos e 1 sólido.
- Mini Trail Montes de Vigo: Pecorrido de 12 km; desnivel total de 650 m; saída ás 10:30 h; abastécense 1 sólido e 1 líquido.
Tamén se ofrece unha andaina familiar polos montes de Beade.
A competición está dividida en catro categorías en función da idade: Absoluta (dividida en masculina e feminina); Master A, de 18 a 49 anos; Master B, de 40 a 49 anos; Master C, máis de 50 anos. Os participantes de ámba-las dúas modalidades deberán de ser maiores de idade, puidendo estar federados ou non, co único requisito de ter un mínimo contacto co trail de montaña. O percorrido definitivo será publicado nas próximas datas na web www.montesdevigo.org.
O prezo de inscrición é de 19,00 € para o Gran Trail e 15,00 € para o Mini Trail, ata o 15 de setembro; e, respectivamente, 22,00 € e 18,00 € do 16 de setembro ata o 6 de outubro; 25,00 € e 21,00 € do 7 ao 8 de outubro. Pódese solicitar a cancelación ata o 1 de outubro, cunha penalización do 50% do custe da inscrición.
Os dorsais repartiranse o mesmo día da proba ás 8:30 h. Ao remate da proba, entregarase un premio-trofeo aos tres primeiros de cada unha das categorías.
Hora
12 outubro, 2025 10:00(GMT+02:00)
Localización
Parque Forestal de Beade
Parque Forestal Beade, 36312, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño


