ENCORDASS

15mai19:30Presentación de 'Entre café, espuma y confidencias. El bar León y su entorno. Memorias de un barrio vigués mediado el siglo XX'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+02:00) Instituto de Estudios Vigueses

Detalles do eventos

Tras a acollida excepcional que tivo a primeira presentación, o Instituto de Estudios Vigueses organizará unha nova convocatoria para dar a coñecer o libro Entre café, espuma y confidencias. El bar León y su entorno. Memorias de un barrio vigués mediado el siglo XX, da autoría de Fernando Ferreira Priegue. A cita será o xoves 15 de maio ás 19:30 horas no Salón de Actos do propio Instituto.

A anterior sesión superou con creces todas as expectativas, esgotando o aforo do local e evidenciando o interese que esperta entre o público vigués esta viaxe pola memoria colectiva dun barrio e dun dos seus espazos máis emblemáticos: o Bar León. No libro, Ferreira Priegue recolle anécdotas, personaxes e vivencias cotiás arredor deste local tan significativo, situado nun contexto de transformación urbana e social da cidade de Vigo na metade do século XX.

O acto promete ser unha nova oportunidade para mergullarse na historia viva da cidade a través das palabras dun autor comprometido coa memoria local e co valor das pequenas historias que construíron a identidade viguesa.

Desde o Instituto de Estudios Vigueses animan á cidadanía a asistir a esta presentación tan especial, como mostra do compromiso coa cultura e co patrimonio inmaterial da cidade.

Imaxe: acuarela do Bar León obra do propio autor, Fernando Ferreira

Máis

Hora

15 maio, 2025 19:30(GMT+02:00)

Localización

Instituto de Estudios Vigueses

Rúa Cánovas del Castillo, 2-2º, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events