O impacto do proxecto Altri
Detalles do eventos
Co título O proxecto Altri e o seu impacto sobre A Ulloa, o río Ulla e a ría de Arousa, O Ateneo Atlántico, en colaboración coa
Detalles do eventos
Co título O proxecto Altri e o seu impacto sobre A Ulloa, o río Ulla e a ría de Arousa, O Ateneo Atlántico, en colaboración coa Plataforma para a defensa da ría de Arousa, a Plataforma Ulloa Viva, e Verdegaia, organiza un acto informativo sobre as consecuencias medioambientais da construción dunha megafactoría na serra de Caerón, en Lugo, por parte da empresa Altri.
A partir da xénese da celulosa de ENCE na ría de Pontevedra, e da análise dos efectos económicos e medioambientais que tivo en toda a comarca, os poñentes tentarán demostrar como este tipo de industrias estragan o medio e supoñen beneficios, unicamente, para as empresas.
No acto, que terá lugar na sede do Ateneo (Doutor Cadaval 17) o mércores 16 de outubro ás 19.30 horas, participarán o biológo Xurxo Mouriño, da plataforma Ulloa Viva, e o tamén biólogo Antón Masa en representación da Plataforma para a defensa da ría de Arousa.
Presenta, por parte do Ateneo, Amada Traba.
Antón Masa Vázquez
Licenciado en bioloxía pola USC. Traballo na Misión Biolóxica de Galicia e no ano 1987 participou na fundación da Asociación Pola Defensa da Ría, organización que pasou a presidir en 1997.
Xurxo Mouriño Lourido
Biólogo, membro de Verdegaia e da plataforma Ulloa Viva. Formado en xestión cinexética, e avaliación de impacto ambiental. Autor de numerosas publicacións en artigos e libros, principalmente nos campos da ornitoloxía, botánica e especies exóticas invasoras.
Máis
Hora
16 outubro, 2024 19:30(GMT+01:00)
Localización
Ateneo Atlántico
Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra
Séguenos nas redes