O imaxinario do país. Letras de magnesio – A Movida

xullo, 2018

28xul(xul 28)18:0005set(set 5)21:00O imaxinario do país. Letras de magnesioEXPOSICIÓN TEMPORAL | De balde(xullo 28) 18:00 - (setembro 5) 21:00 Casa das Artes

Máis

Detalles do evento

O fotógrafo Anxo Cabada reúne unha selección de 50 retratos fotográficos e autorretratos literarios de escritores e escritoras da literatura galega actual, acompañados por textos dos propios autores nos que se autorretratan. Baixo o nome ‘O imaxinario do país. Letras de magnesio’ estará na Casa das Artes ata o 5 de setembro.

En ‘O imaxinario do país. Letras de magnesio’, o seu último proxecto, falan por partida dobre: porque os otografados son literatos e porque na maioría dos casos as instantáneas van acompañadas dun texto asinado
polo propio retratado.
O proxecto de Cabada, desenvolvido ao longo de seis anos de traballo, contou coa complicidade do crítico Ramón Nicolás, que se referiu ao catálogo de ‘O imaxinario do país’ como «un libro clave para coñecérmonos a nós mesmos».

Nesta mostras podemos ver as figuras xa desaparecidas de Agustín Fernández Paz, Xosé Neira Vilas e María do Carme Kruckemberg, xunto a outras fundamentais das letras galegas como María Xosé Queizán, Xosé Luís Méndez Ferrín, Yolanda Castaño e Suso de Toro; as dos pontevedreses Fina Casalderrey ou Víctor Fernández Freixanes e representantes das novas xeracións como Olga Novo, Lucía Novas, Iolanda Zúñiga e Déborah Vukusic.

Horario:

Luns pechado

De martes a venres: De 18:00 a 21:00 h.
Sábados: De 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.
Domingos e festivos: De 12:00 a 14:00 h.

Hora

Xullo 28 (Sádado) 18:00 - Setembro 5 (Mércores) 21:00

Lugar

Casa das Artes

Policarpo Sanz, 15, Vigo

X