REVISTA ABRIL

15ago22:00O icónico grupo británico UB40 salda a súa débeda con CastrelosCONCERTOS | -22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

A icónica banda británica de reggae pop UB40 featuring Ali Campbell é a novena actuación confirmada para este verán no auditorio de Castrelos. Despois de Gente de Zona, Trueno e Jason Derulo, o conceto de UB40 é a cuarta confirmación dun artista internacional para o Vigo en Festas deste verán. Un cartel composto na súa maioría, polo de agora, por mulleres españolas entre as que atopamos a Ana Belén, Rozalén, Vanesa Martín e India Martínez.

UB40 é unha das bandas máis famosas dos anos 80 e 90, con varios hits que seguen repasando nos seus concertos, como Red Red Wine e Kingston Town. O seu líder e fundador, Ali Campbell, vén este ano á cidade para saldar a deuda que tiña pendente do ano anterior, posto que debido a problemas de saúde o seu concerto tivo que ser cancelado, deixando aos seus seguidores cunhas ganas de bailar tremendas.

Calendario de concertos:

  • 12 de xullo: Ana Belén
  • 17 de xullo: Gente de zona
  • 18 de xullo: Trueno
  • 24 de xullo: Rozalén
  • 31 de xullo: Vanesa Martín
  • 1 de agosto: Ópera La Traviatta de Giuseppe Verdi
  • 8 de agosto: Jason Derulo
  • 15 de agosto: UB40 ft Ali Campbell
  • 16 de agosto: India Martínez

Máis

Hora

15 agosto, 2025 22:00(GMT+02:00)