VIALIA
bannerPicnicSesions

O home que solo quería ser Tossán

05mai19:30O home que solo quería ser TossánESPECTÁCULOS | De balde19:30(GMT+02:00) Instituto Camões

Detalles do eventos

No ámbito das conmemoracións do Día Mundial da Lingua Portuguesa organizadas polo Camões (CCP en Vigo), realízase o día 5 de maio unha cerimonia dirixida pola Responsáble do Camões onde, para alén dunha breve homenaxe á Lingua Portuguesa, será divulgado o vencedor/a do concurso Dicir Poesía, Cantar a Lingua. O acto encerra co concerto lectura ‘O Home que só quería ser Tossán’ por Miguel Gouveia.

Sobre o concerto

Nunha das súas varias crónicas sobre a lectura, Rubem Alves termina desta forma: ‘Hai concertos de música. Por que non concertos de lectura?.’ Imaxino unha situación impensável: un adolescente prepárase para saír coa noiva, e a nai pregunta: ‘Onde é que vas?’.

E el responde: ‘Vou a un concerto de lectura. Hoxe, no teatro, vai ser lido o conto ‘A terceira marxe do río’, do Guimarães Rosa. Porque ti e o pai non veñen?’.

E entón, pai e nai, avergoñados, desconectan a televisión e prepáranse para saír…’En todo o parecido a un concerto de música, no concerto de lectura só cambia a natureza da partitura. O restante mantense: a presentación dun programa e un solista máis un canle por onde pasa a música e dos textos. Máis que un actor, o lector sonoro é un director que comparte co público unha lectura segundo a súa sensibilidade, pois a lectura en voz alta, ao interpretar obras de arte, pode ser unha arte, mais non é unha ciencia. Da mesma forma que unha peza musical é interpretada de forma distinta por dous intérpretes, tamén o mesmo acontece nun concerto de lectura. No entanto, o obxectivo principal mantense: amplificar a literatura pola voz e facer ouvir a música dos libros.’

Venres 5 de maio ás 19:30h no Camões.

Máis

Hora

(Venres) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Instituto Camões

Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events